El plazo de presentación finalizó el 07/06/2021

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN - INNOVAPEME 2021 - AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS (IN848D)

Finalidad / Objetivo

Son axudas ás pemes destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en Plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda.

2. Non poderán adquirir a condición de beneficiarios destas axudas:

a) As microempresas, pequenas e medianas empresas que xa resultaran beneficiarias do Programa InnovaPeme nas resolucións de concesión do ano 2017 (Resolución do 11 de novembro de 2017; DOG núm. 232), do ano 2019 (Resolución do 29 de xullo de 2019; DOG núm. 153) e do ano 2020 (Resolución do 15 de setembro de 2020; DOG núm. 196)

b) As microempresas, pequenas e medianas empresas, que no momento da publicación desta resolución, inclúan como rúbricas exclusivas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009 algunha das seguintes:
• Sección J: Información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: Telecomunicacións; 62: Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: Servizos de información.

c) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.

d) As entidades e sociedades públicas con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes das administracións públicas, así como aquelas pertencentes á Administración institucional, calquera que sexa a Administración na que se integren.

e) Calquera ente, organismo ou entidade con personalidade xurídica propia, que se teñan creado especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos pertencentes ao sector público financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de Administración, dirección ou vixilancia, de acordo co establecido no artigo 3.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

f) As microempresas, pequenas e medianas empresas en crise conforme a definición contida no artigo 2. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, e que na data do 31 de decembro de 2019, con incorren en ningunha das circustancias enumeradas no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para
considerar a unha empresa en crise.

g) As microempresas, pequenas e medianas empresas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente, tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

h) As microempresas, pequenas e medianas empresas nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. Serán actividades subvencionables aquelas incluídas nun plan de innovación, que deberá reunir, necesariamente, as seguintes características:

a) Deberá reunir unha serie de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo que permita implementar ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.

b) As actividades incluídas no plan deben implicar unha ou varias destas opcións, desagregadas no catálogo que se achega como anexo I:

b.1) Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades comprenderán a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, o envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado e a adquisición de servizos de asesoramento e apoio á innovación.

b.2) Innovación en materia de procesos e/ou de organización: a aplicación dun método de produción ou subministración nova ou significativamente mellorada (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos), dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa.
Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios
exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

c) Deberá estar aliñado con algunha das prioridades da RIS3 para Galicia (anexo II).

d) O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000 euros e dun máximo de 200.000 euros, a presentación dun plan de innovación cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

e) A súa duración mínima será dun ano e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2022, a presentación dun plan de innovación cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

Considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presente antes do inicio da actividade. Entenderase que a actividade comeza co primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible se esta data.

En consecuencia, a data de inicio das actividades integradas no plan de innovación deberá ser sempre posterior á data de presentación da solicitude da axuda. De non cumprirse esta condición, non poderá financiarse ningún gasto derivado do dito plan.

Inversiones o gastos computables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Para a anualidade de 2021, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e o 30 de novembro de 2021. Para a anualidade 2022, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre o 1 de decembro de 2021 e o 30 de novembro de 2022.

3. Os gastos subvencionables deberán respectar o disposto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e serán exclusivamente custos directos, entendendo como tales aqueles que estean directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse.

Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

a) Para actividades de innovación (artigo 5.1.b.1):

a.1) Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais; incluiranse os custos derivados da obtención de certificacións oficiais vinculadas co plan de innovación como, a modo indicativo, a especificación EA0047 Requisitos para a consideración como pequena ou mediana empresa innovadora, EA0043 Requisitos da nova empresa innovadora. JEI e as incluídas na serie de normas UNE 166000 dedicadas a apoiar a optimización da xestión da I+D+i.

a.2) Custos de envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado procedente dun organismo de investigación e difusión de coñecementos ou dunha grande empresa, que traballe en actividades de investigación, desenvolvemento e innovación nunha función recentemente creada na entidade beneficiaria e que non substitúa outro persoal.

Entenderase por persoal cualificado o persoal que posúa un título universitario e un mínimo de cinco anos de experiencia profesional pertinente, que poderá incluír a formación en doutoramento, e por comisión de servizo, o emprego temporal de persoal por parte do beneficiario con dereito do persoal a regresar ao anterior empregador.

Incluiranse todos os custos derivados da comisión de servizo (contrato, mobilidade...) en que incorra a empresa beneficiaria, tendo en conta, en calquera caso, os requisitos de compatibilidade e concorrencia de axudas establecidos no artigo 6.2 desta resolución.

a.3) Custos de servizos de asesoramento en materia de innovación: consultoría, asistencia e capacitación nos ámbitos da transferencia de coñecemento, adquisición, protección e explotación de activos inmateriais, e o uso de normas e regulamentos que os incorporan.

a.4) Custos de servizos de apoio en materia de innovación: bancos de datos, bibliotecas, investigación de mercados, laboratorios, etiquetaxe de calidade, ensaio e certificación, co fin de desenvolver produtos, procesos ou servizos máis eficaces.

b) Para innovación en materia de procesos e organización (artigo 5.1.b.2) e b.3):

b.1) Custos de persoal propio.

b.2) Custos de persoal de nova contratación.

Os custos de persoal propio e de nova contratación rexeranse polo disposto no artigo seguinte desta convocatoria.

b.3) Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axudas públicas: na medida en que se utilicen para as actividades do plan de innovación.

Se o equipamento e material se dedica exclusivamente ao plan de innovación e a súa vida útil se esgota ao termo do período subvencionable, considerarase como gasto o custo de adquisición. Deberá xustificarse na solicitude a vida útil deste equipamento.

Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para as actividades do plan por exceder a súa vida útil da duración daquelas, só serán imputables os custos de amortización que correspondan ao período subvencionable, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa considerado como gasto, deberá detallarse na solicitude o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades do plan.

Se o equipamento e material dedícase exclusivamente ao Plan de innovación e a súa vida útil esgótase ao termo do período subvencionable, considerárase como gasto o custo de adquisición. Deberá xustificarse na solicitude a vida útil deste equipamento.

A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento.

As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades de I+D+i e non de uso xeral.
Neste punto non se considerarán os seguintes gastos:
- Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...).
- Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D+i: zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...
- Toda aplicación ou software xa existente ou a súa adaptación; os desenvolvementos ofimáticos, financeiros ou contables.
- Servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
- Arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías da información ou das comunicación.

b.4) Custos de adquisición de licenzas de propiedade industrial: as licenzas deberán ser adquiridas ou obtidas de fontes externas, sempre e cando a operación se realice en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.

b.5) Custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do desenvolvemento do plan e que deberán estar especificados na Memoria do Plan de innovación. Os custos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto. Este custo non poderá superar o límite do 20 % do custo total da actividade subvencionada.

b.6) Subcontratacións: consideraranse subcontratacións as actuacións contratadas con organismos de investigación ou outras entidades, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no plan de innovación que constitúe o obxecto da subvención.

A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica e deberá cumprir co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que, en todo caso, esta non poderá superar o límite do 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Será obrigatoria a subscrición dun contrato entre a empresa e a entidade subcontratista, que poderá condicionarse a resultar a primeira beneficiaria da subvención e deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data de inicio e duración total, orzamento total e desagregación por anualidades. No contrato deberanse detallar as persoas que participan na subcontratación, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas neste e a porcentaxe de dedicación ao proxecto. Todos estes aspectos serán revisados pola Axencia Galega de Innovación.

A subcontratación deberá ser autorizada pola Axencia Galega de Innovación. Nese senso, en caso de resolución favorable do plan de innovación entenderase autorizada desde a data de inicio da súa execución sempre que esta sexa posterior á data de presentación da solicitude da axuda.

4. Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000 euros, no suposto de subministración de bens de equipamento e servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto fose realizado con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

5. No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade co respecto ao IVE.

Os custos de persoal serán subvencionables na medida en que se incorrese neles de xeito efectivo e se xustifiquen mediante os correspondentes documentos acreditativos de gasto e de pagamento.

Cuantía de las ayudas

Axudas á innovación en favor das pemes - 50%
Axudas á innovación en materia de procesos e organización - 50%

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao día seguinte ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderse que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Incompatibilidades

As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) nº 651/2014 que se indican na táboa anterior.

De acordo co establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE) nº 2018/1046, o plan poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo fondo no marco dun programa distinto.

Referencia legislativa

Resolución do 22 de abril de 2021 (DOG Nº84 do 05/05/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Información y tramitación en

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.
b) Nos teléfonos 981 95 70 17, 981 54 10 79 e 981 95 73 93 da devandita axencia.
c) No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal.
d) Persoalmente.