El plazo de presentación finalizó el 22/08/2016

PREMIOS SMART COMMERCE DE GALICIA (IN214C)

Finalidad / Objetivo

Distinguir aqueles comercios que apostan por situar o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co fin de achegarlle a súa oferta.

Tipos de apoyo

Premios mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Requisitos de participación:

1. Poderán optar aos premios os comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. Cada comerciante solicitará a participación nunha única categoría marcando o recadro correspondente da solicitude.

2. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta disposición e unicamente a Dirección Xeral de Comercio queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da súa interpretación.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas en que se dean algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Comercio

Cuantía de las ayudas

Os premios do Comercio de Galicia constarán das seguintes categorías:

a) Premio Smart Commerce Galicia, cunha contía de 2.000 euros, na cal se incluirá o premio correspondente á provincia.
b) Premio Smart Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia.
c) Premio e-Commerce, cunha contía de 1.000 euros.
d) Premio Social Commerce, cunha contía de 1.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia, e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Incompatibilidades

Os premios regulados ao abeiro desta resolución son compatibles con outras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou de entidades públicas ou privadas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Referencia legislativa

Orde do 3 de xuño de 2016 (DOG Nº117 do 21/06/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

Información adicional na Dirección Xeral de Comercio a través dos distintos medios:

a) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es
b) Páxina web oficial da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://ceei.xunta. al/portada, ou no Portal do comerciante http://portaldocomerciante.xunta.es
c) Nos teléfonos 981 54 55 91 ou 981 54 55 94 da Dirección Xeral de Comercio.
d) No correo electrónico cei.dxc@xunta.es
e) Presencialmente, na Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego
e Industria; Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido no artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderanse empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).