El plazo de presentación finalizó el 04/08/2014

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN - CONSOLIDACIÓN E ESTRUCTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS NOS CENTROS TECNOLÓXICOS NON CONSOLIDADOS (IN845C)

Finalidad / Objetivo

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.

Beneficiarios potenciales

Os centros tecnolóxicos non consolidados da Comunidade Autónoma de Galicia con personalidade xurídica propia sen ánimo de lucro,
públicos ou privados, que realicen actividades de investigación e/ou innovación, e que teñan persoal propio. Os beneficiarios deberán contar na data de peche da convocatoria cunha estrutura mínima do cadro de persoal dunha media de 10 traballadores contratados a tempo completo, dos cales 6 deben destinarse exclusivamente a actividades investigadoras (no caso de traballadores a xornada parcial axustarase o equivalente a xornada
completa) e ademais cun mínimo de inmobilizado material de 150.000,00 €.
Nesta convocatoria non poderán participar os centros dependentes do Sistema Universitario de Galicia (SUG) nin os que teñan a consideración de centros tecnolóxicos consolidados que figuran inscritos ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

Inversiones o gastos computables

1. Custo de persoal investigador ou de apoio.

Persoal investigador contratado: investigadores, auxiliares de investigación e xestores de I+D+i que se dedican exclusivamente a esta actividade.

Persoal de apoio contratado: persoal directivo ou persoal de administración con dedicación parcial a actividades de I+D+i.

O custo do persoal de apoio non poderá ser superior ao 40 % do importe da subvención concedida.

2. Material bibliográfico (libros, publicacións periódicas en papel ou dixitais, bases de datos,…) e equipamento científico (inclúense aplicacións informáticas cando sexan necesarias para actividades de investigación) así como a súa reparación e conservación.

3. Material funxible.

Elementos adquiridos e utilizados pola entidade para a realización da actividade investigadora (materiais diversos, envases, material de oficina,...).

4. Custos de formación do persoal do centro tecnolóxico (inscrición, matrícula, desprazamentos, custos do persoal ou entidade docente no caso de formación específica contratada polo centro,…).

5. Outros gastos debidamente xustificados, conforme os puntos 4 e 5 do artigo 19.1, ata un máximo do 10 % da axuda concedida.

Gastos de natureza diversa que teñen por obxecto garantir o funcionamento normal da entidade (gastos de asesoría e similares, auga, electricidade e outras subministracións, servizos prestados por outras entidades para o desenvolvemento de actividades de I+D+i, outros servizos,...).

Cuantía de las ayudas

O importe da axuda determinarase de acordo coa seguinte fórmula:

IAi=Vp*Pi

Na que:

IAi: importe da axuda de cada centro.

Pi: puntuación obtida por cada un dos centros.

Vp: valor monetario de cada punto obtido pola fórmula Vp=600.000,00/∑ Pi.

O valor monetario de cada punto non pode ser superior a 7.000,00 €.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta resolución serán compatibles con calquera outra destinada para o mesmo fin, calquera que fose a súa natureza, e a entidade que a conceda, sempre que, conxuntamente, non superen o custo da actividade subvencionada.

Referencia legislativa

Resolución do 26 de xuño de 2014 (DOG Nº126 do 04/07/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

Sobre este procedemento poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es) na súa epígrafe de axudas e na sede virtual.
b) O teléfono 981 54 39 86.
c) O enderezo electrónico cei.infoest@xunta.es
d) Persoalmente.
e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo: https:/sede.xunta.es