El plazo de presentación finalizó el 18/05/2012

APOIO AO FINANCIAMENTO DE PROXECTOS INDIVIDUAIS E COLABORATIVOS DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA - PROXECTOS CIT (IN841C)

Finalidad / Objetivo

Fomentar a innovación empresarial para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos, impulsar non só as innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto senón tamén a implantación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas desde unha perspectiva de innovación aberta onde combinar o coñecemento interno co externo (liña 5.2.1 do Plan I2C).
Procurarase a estimulación da innovación aberta dentro do tecido empresarial galego mediante as dinámicas de colaboración nas empresas, co obxectivo de aumentar a súa competitividade activando a valorización do coñecemento e optimizando os investimentos.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

- As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia onde realicen as actividades susceptibles de obteren axuda.

- As agrupacións de empresas privadas que individualmente reúnan os mesmos requisitos anteriores.

As agrupacións de empresas que carezan de personalidade xurídica deberán presentar un proxecto en colaboración entre as empresas pertencentes á agrupación de empresas.

Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e faranse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.

Non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Requisitos principales del proyecto

Estas subvencións destinaranse á realización dos proxectos de innovación empresarial dentro das seguintes modalidades:

- Innovacións para a xestión:

a) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos.

b) Innovación de márketing. Implantación de técnicas de márketing destinadas a mellorar a capacidade da empresa nos eidos da distribución, adaptación ao cliente e servizo posvenda.

 Innovación de loxística: Implantación de técnicas de xestión loxística orientadas a:

- Elaboración de plans loxísticos en que se faga unha análise integral dos procesos.
- A mellora da organización e utilización dos sistemas de información e das tecnoloxías de comunicación en toda a cadea.
- A xestión do fluxo dos bens e produtos rexeitados polo mercado destinados ao procesamento, reciclaxe, reutilización ou destrución.
- Xestión da rastrexabilidade do produto ata a entrega ao cliente final.

 Innovación tecnolóxicas de proceso ou produto.

a) Innovación de proceso. Implantación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorados.

b) Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto as súas características ou en canto ao uso ao que se destina.

Establécense dúas modalidades de axuda:

a) Proxectos individuais:

Proxectos de innovación tecnolóxica en materia de proceso, produto, loxística e xestión levados a cabo por pemes (pequenas ou medianas empresas), co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas galegas e estimular o seu crecemento.

Para este tipo de proxectos só poderán presentar solicitude de subvención as pemes.

O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 75.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención.

b) Proxectos en colaboración:

Proxectos de colaboración para a xeración de produtos, procesos ou servizos innovadores entre empresas (pemes e grandes empresas).

Estes proxectos deberán mellorar a posición competitiva das empresas co obxectivo de xuntar os seus potenciais para acceder a novos mercados, especialmente internacionais.
O obxectivo desta modalidade é promover a innovación colectiva no tecido empresarial, impulsando a utilización de estratexias de innovación aberta a través da cooperación para acadar a masa crítica suficiente para acometer proxectos de envergadura e reducir custos.

As relacións entre os participantes nun proxecto colaborativo deberán formalizarse documentalmente
mediante un contrato, convenio ou acordo en que se establezan os dereitos e obrigas que asume cada parte (distribución de actividades e orzamento, relacións de confidencialidade, propiedade dos resultados, protección legal destes e dereitos económicos, así como explotación comercial dos resultados).

Para este tipo de proxectos poderán presentar solicitude de subvención as pemes e as grandes empresas. Non obstante, no caso de grandes empresas, exíxese que no proxecto en colaboración participe unha ou máis pemes e que a contribución conxunta destas pemes no custo subvencionable do proxecto sexa polo menos dun 30%.

Para que poida considerase que existe colaboración efectiva, as dúas empresas deben ser independentes entre si.

O custo subvencionable mínimo do proxecto no seu conxunto será de 150.000 euros, por debaixo do cal non será atendida a solicitude de subvención.

Cualificación requerida del proyecto

Os citados proxectos de innovación, para poderen acollerse a esta convocatoria de subvencións, deberán ter as seguintes características:

a) Non se considerarán innovacións os cambios ou melloras de importancia menor, o aumento das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, os cambios nas prácticas comerciais, ou as relacións exteriores baseadas en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións ou adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a personalización (customisation), os cambios periódicos de carácter estacional ou outros e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

b) A innovación debe representar unha novidade ou mellora substancial con respecto ao estado actual deste campo na industria de Galicia e, así mesmo, comportar un grao evidente de risco.

c) Un proxecto de innovación non debe limitarse á mera adquisición de material inventariable

Inversiones o gastos computables

Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como conceptos subvencionables os seguintes:

a) Persoal técnico propio da empresa, sempre que o tempo imputado estea exclusivamente dedicado ao proxecto. Non se considerarán subvencionables os gastos relacionados co persoal que non teña relación contractual laboral coa empresa beneficiaria da subvención.

b) Persoal técnico adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto con carácter exclusivo para él (non admitíndose contratacións a tempo parcial) e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos. Na solicitude deberá figurar o perfil requirido para a persoa que se vaia contratar.
No anexo VI establécense os custos máximos por categoría profesional para todo tipo de persoal.

c) Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto, e que estean debidamente xustificados. Non se admitirán custos de utilización nin amortizacións.

Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

• Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao remate do contrato de leasing.
• As cotas de arrendamento deberán comezar posteriormente á data da presentación da solicitude da subvención, e finalizar antes ou ao mesmo tempo que o proxecto obxecto da subvención.
• Nesta modalidade soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

Admitirase a adquisición de bens de equipamento de segunda man sempre que cumpran as seguintes condicións:

– Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que para os mesmos bens non se recibiu ningunha subvención nacional ou comunitaria.
– O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.

d) Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

e) Servizos tecnolóxicos externos necesarios para a realización do proxecto debidamente xustificados. Entenderase por servizos tecnolóxicos aquelas actividades que deban ser puntualmente prestadas por outra entidade para que o proxecto poida ser desenvolvido, tales como:
– Análises e ensaios de laboratorio.
– Enxeñaría para a montaxe e operación.
– Estudos e actividades complementarias.
– Consultorías externas.
Non pode imputarse neste concepto un custo superior ao 20% do total do proxecto.
Se a actividade que se vai realizar forma parte do propio proxecto, deberá ser considerada como subcontratación e non como servizo tecnolóxico externo.

f) Subcontratación. Cando as actuacións contratadas a terceiros supoñan a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto do proxecto, considerarase subcontratación e estará sometida ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 19 da orde de convocatoria.

g) Viaxes realizadas polo persoal asignado ao proxecto.

h) Formación específica impartida por axentes externos. Non se poderá imputar por este concepto máis dun 12% do importe total do proxecto.


Non serán considerados como subvencionables os investimentos e gastos seguintes:

a) Adquisición de terreo.
b) Urbanización e obra civil.
c) Adquisición e aluguer de edificios, naves ou locais.
d) Gastos financeiros, salvo o establecido na letra c) do punto anterior para o caso de leasing.
e) Transporte exterior e interior.
f) Mobiliario en xeral.
g) Gastos de auga, luz e teléfono.
h) Redacción do proxecto de obra civil e dirección facultativa.
i) Gastos destinados á implantación e certificación de sistemas de xestión da calidade.
j) Páxinas web e licenzas de software de uso xeral.
k) Custos de persoal directivo, xerencial ou administrativo, así como os do persoal que non estea vinculado coa empresa mediante relación laboral, ou aquel en que a categoría laboral ou posto de traballo que desempeñe na empresa non se corresponda co labor técnico indicado na solicitude.
l) Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os equipamentos adquiridos.
m) Investimentos en activos procedentes de sociedades do mesmo grupo e os custos derivados do uso de consumibles producidos pola propia empresa ou empresas do mesmo grupo empresarial.
n) En caso de innovación en materia de organización, os custos relativos a instrumental e material serán unicamente os do instrumental e material de TIC.

Cuantía de las ayudas

Proxectos presentados por pemes: 35% do custo subvencionable para pequenas empresas e 25% para medianas.

Proxectos presentados por grandes empresas: 15% do custo subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de I+D+i para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo elexible do proxecto.

Terase en conta que o conxunto das axudas acadadas non poderá exceder, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada en cada procedemento nas súas correspondentes bases reguladoras ou na normativa que lles é de aplicación, cando sexa máis favorable. Por outra banda, os gastos recollidos nesta orde non poderán acollerse a outras axudas procedentes do Feder ou doutros fondos ou instrumentos comunitarios.

Referencia legislativa

Orde do 11 de abril de 2012 (DOG Nº 73 do 17/04/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Información y tramitación en

Os formu¬larios da solicitude de axuda deberaos obter, cubrir, validar e presentar necesariamente o solicitante a través da aplicación informática á que se accede seleccionando o procede¬mento correspondente, dentro do enlace de «Axudas» da Dirección Xeral de I+D+i, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi.
Tamén se pode acceder desde o enderezo https://sede.xunta.es, facendo uso dos enlaces dispoñibles para cada procedemento. Estes modelos validados pola aplicación informática valerán para a presen¬tación electrónica, que se describe no artigo seguinte.
Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solici¬tudes.

Información:

a) Na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi), na súa epígrafe de «Axudas».
b) Nos teléfonos:
a. 981 95 73 87 e 981 95 73 92 (anexo I).
b. 881 99 91 60 e 881 99 91 56 (anexos II e III).
c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es
d) Presencialmente.

Observaciones

Prazo de presentación da documentación xustificativa:

-expedientes plurianuais (1ª anualidade) ou expedientes dunha única anualidade: ata o 31 de outubro de 2012.
-expedientes plurianuais (resto de anualidades): ata o 31 de outubro da anualidade de que se trate.

Períodos de emisión das facturas e realización de pagamentos dos gastos executados:

-expedientes plurianuais (1ª anualidade) ou expedientes dunha única anualidade: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de outubro.
-restantes anualidades (incluida a derradeira): desde a data límite de xustificación da anterior anualidade ata o 31 de outubro do ano correspondente.