El plazo de presentación finalizó el 18/05/2012

APOIO Á PREPARACIÓN DE PROPOSTAS DE PROXECTOS QUE SE VAIAN PRESENTAR A CONVOCATORIAS ESTATAIS E INTERNACIONAIS (IN841B)

Finalidad / Objetivo

Preparación de proxectos que se presenten a convocatorias de axuda de programas estatais ou internacionais.

Tipos de apoyo

Subvencións en concorrencia competitiva suxeitas a réxime de mínimis.

Beneficiarios potenciales

Empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda.

A axuda só poderá outorgarse a entidades que non estivesen en crise o 1 de xullo de 2008, e non poderán ter a consideración de beneficiarios aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Sectores incentivables

Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores
primarios.

Requisitos principales del proyecto

As actuacións subvencionables deben estar comprendidas nunhas das seguintes categorías:

a) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do Plan Nacional, tanto individuais como en cooperación.

b) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas internacionais en cooperación, en particular VII Programa Cadro, Programa CIP e proxectos bilaterais e multilaterais de CDTI, que serán, en todos os casos, desenvolvidos principalmente no ámbito territorial de Galicia.

Inversiones o gastos computables

Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como gastos os se¬guintes:
a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto, sem¬pre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación coa execución deste proxecto (ex. preparación da proposta ou formación do consorcio).
Non se conside¬rarán subvencionables os gastos relacionados co persoal que non teña relación contractual coa empresa beneficiaria da subvención.
b) Gastos de consultoría para a preparación e presentación da proposta (desde a con¬cepción do proxecto ata a súa presentación a un programa de financiamento concreto: identificación de ideas, busca de socios, redacción da proposta,…).
c) Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.
d) Gastos de viaxes e aloxamento realizados por persoal da entidade solicitante para a preparación da proposta (desprazamento para reunión con posibles socios do consorcio, asistencia a InfoDays, etc).

e) Establécense os seguintes límites ao custo subvencionable:

e.1) Cando se trate dun proxecto individual, o límite se establece en 3.000€ cando a convocatoria é estatal, non existindo dita limitación cando se trate dunha convocatoria internacional.
e.2 ) Cando se trate de proxectos en cooperación:
-Convocatoria estatal: límite de 3.500€ para cada socio participante no proxecto e de 6.000€ para o líder do mesmo.
-Convocatoria internacional: límite 6.000€ para cada socio participante no proxecto e de 18.000€ para o líder do mesmo.

Nota 1. No caso de procedementos con dúas fases, as devanditas cantidades corresponderían a propostas para a última fase. O límite de custo subvencionable aplicable para a primeira das fases sería o 25% da cantidade correspondente.
Nota 2. No caso de proxectos en cooperación en que varios dos socios presenten solicitudes de axuda, a subvención total para un mesmo proxecto non poderá superar os 30.000 euros.

Cuantía de las ayudas

Pemes: 70% do custo subvencionable.

Grandes empresas: 60% do custo subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de I+D+i para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo elexible do proxecto.

Terase en conta que o conxunto das axudas acadadas non poderá exceder, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada en cada procedemento nas súas correspondentes bases reguladoras ou na normativa que lles é de aplicación, cando sexa máis favorable. Por outra banda, os gastos recollidos nesta orde non poderán acollerse a outras axudas procedentes do Feder ou doutros fondos ou instrumentos comunitarios.

O importe da subvención non poderá exceder, xunto coas demais axudas amparadas pola cláusula de minimis percibidas polo beneficiario no último período de tres anos fiscais, o límite de 200.000 euros, agás para as empresas que operen no sector do transporte por estrada que será de 100.000 euros.

As axudas que se concedan poden acumularse con outras axudas compatibles ou con outras formas de financiamento comunitario, sempre que se respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nas directrices ou nos regulamentos de exención por categorías aplicables. Non poderán acumularse con ningunha axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso nun regulamento de exención por categorías ou nunha decisión adoptada pola Comisión.

Referencia legislativa

Orde do 11 de abril de 2012 (DOG Nº 73 do 17/04/2012) - Bases reguladoras e convocatoria 2012

Información y tramitación en

Os formularios da solicitude de axuda deberaos obter, cubrir, validar e presentar necesariamente o solicitante a través da aplicación informática á que se accede seleccionando o procedemento correspondente, dentro do enlace de «Axudas» da Dirección Xeral de I+D+i, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi.
Tamén se pode acceder desde o enderezo https://sede.xunta.es, facendo uso dos enlaces dispoñibles para cada procedemento. Estes modelos validados pola aplicación informática valerán para a presentación electrónica, que se describe no artigo seguinte.
Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Información:

a) Na páxina web da Dirección Xeral de I+D+i (http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi), na súa epígrafe de «Axudas».
b) Nos teléfonos:
a. 981 95 73 87 e 981 95 73 92 (anexo I).
b. 881 99 91 60 e 881 99 91 56 (anexos II e III).
c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es
d) Presencialmente.

Observaciones

Prazo de presentación da documentación xustificativa: ata o 31 de outubro de 2012
Períodos de emisión das facturas e realización de pagamentos dos gastos executados: desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de outubro de 2012.