El plazo de presentación finalizó el 17/12/2011

SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN FIN DE LUCRO PARA INCENTIVACIÓN DA DEMANDA COMERCIAL (IN220A)

Finalidad / Objetivo

Concesión de subvencións destinadas ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro, de ámbito superior ao municipal ou federacións, para levar a cabo actuacións de incentivación da demanda comercial.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis

Beneficiarios potenciales

1. As asociacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal, e as federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial.

2. As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise.

Sectores incentivables

Comercio

Inversiones o gastos computables

Considéranse actuacións subvencionables as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 23 de decembro de 2011.

Non obstante, en función da súa especial natureza, tamén se considerarán actuacións subvencionables, aquelas actuacións que se inicien no mes de decembro do ano 2010 e teñan continuidade ininterrompida no exercicio 2011, concretamente as actuacións derivadas da campaña de nadal 2010/2011.

Actuacións subvencionables:

A incentivación da demanda comercial que facilite o desenvolvemento de estratexias para a mellora da distribución, loxística e promoción comercial, levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de:

a) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de publicidade que responda a un plan de medios de comunicación preestablecido.

b) Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de elaboración de material promocional como catálogos, folletos, carteis, bolsas ou similares.

c) Actuacións que teñan por finalidade a incentivación da demanda comercial e redunden nunha mellora da distribución e desenvolvemento da actividade comercial.

Cuantía de las ayudas

O investimento máximo subvencionable establecido para as actuacións contidas nesta orde é de:

- 200.000 euros para as federacións que conten con 30 ou máis asociacións federadas.

- 60.000 euros para as federacións que conten con menos de 30 asociacións federadas.

- 15.000 euros para as asociacións de ámbito superior ao municipal.

A porcentaxe de subvención será do 70% do investimento máximo subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Ningunha operación recibirá de ningún fondo unha axuda superior ao custo elixible, de acordo coa normativa sobre gastos subvencionables dentro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. No caso de percibir outras axudas financiadas por fondos europeos ou instrumentos financeiros comunitarios, garantirase que o conxunto das axudas non supere o custo elixible e que non existe dobre financiamento.

A axuda de minimis non se acumulará con ningunha axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables, se a acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso nun regulamento de exención por categorías ou nunha decisión adoptada pola Comisión Europea.

Referencia legislativa

Orde do 15 de novembro de 2011 (DOG Nº220 do 17/11/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Información y tramitación en

Poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es).

b) Os teléfonos da devandita dirección xeral: 981 54 54 17, 981 54 55 57.

c) O enderezo electrónico: cei.dxc.axudas@xunta.es

d) Presencialmente.

Observaciones

Para cobrar a subvención concedida, a entidade beneficiaria deberá presentar a documentación indicada nas bases reguladoras, tendo de prazo para presentala ata o 23 de decembro de 2011