El plazo de presentación finalizó el 05/05/2011

SUBVENCIÓNS PARA O APOIO Á CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DOS CLUSTERS EMPRESARIAIS GALEGOS (IN540A)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto as seguintes liñas: reforzamento, formación, e constitución.

Tipos de apoyo

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Para as liñas de reforzamento e formación poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os clústers empresariais galegos.

Para estes efectos considerarase clúster empresarial galego calquera entidade asociativa sen ánimo de lucro e legalmente constituída, que cumpra os seguintes requisitos:

- Representar unha cadea económica ou conglomerado empresarial galego pertencente aos sectores industriais e de servizos.
- Estar configurado como unha concentración de empresas representativas dos diferentes elos que conforman a dita cadea económica ou conglomerado empresarial que abranga a totalidade do ámbito territorial galego.
- Actuar de forma conxunta, potenciando as relacións e interconexións máis alá das estritamente contractuais, para lograr melloras de competitividade individuais.
- Operar nunha mesma cadea de valor con intereses comúns, xa sexan mesmos clientes, mesmo campo de actuación, mesmo produto, mesmos procesos, necesidade de compartir coñecementos, etc.
- Respectar a autonomía das empresas e, en cooperación, construír recursos, capacidades e competencias que de forma individual non poderían acadar, mellorando o atractivo do territorio en que se sitúan para o desenvolvemento futuro das actividades produtivas.
- Dispoñer dunha razón social identificativa do clúster (debe incluír a palabra clúster e as referencias ao ámbito territorial galego e ao conglomerado empresarial que representa) e duns estatutos dos cales se desprenda o seu funcionamento como clúster (debe inferirse o cumprimento dos anteriores requisitos).

Terán a consideración de clúster empresarial galego todas as entidades que foron beneficiarias de subvención ao abeiro da Orde do 23 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, aos clústers empresariais galegos.

Para a liña de axuda de reforzamento, quedarán excluídos os clústers que representen a cadeas económicas ou conglomerados empresariais que abranguen as seguintes actividades:

- Actividades nos sectores da pesca e a acuicultura.
- Actividades de produción primaria de produtos agrícolas.
- Actividades no sector do carbón.

Ademais, para ambas as liñas de axuda (reforzamento e formación):
- Non poderán ter a consideración de beneficiario aqueles solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise.

Para a liña de constitución poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades que promovan a constitución dun novo clúster empresarial galego, naquelas cadeas económicas ou conglomerados empresariais que non estean representados por un clúster empresarial galego xa constituído.

Inversiones o gastos computables

* Liña de reforzamento.

Dentro desta liña consideraranse subvencionables os servizos de consultoría prestados por consultores externos que teñan por finalidade procurar a mellora competitiva do conglomerado empresarial que represente o cluster. Estes servizos poderán estar dirixidos:

- Directamente ao cluster, caso en que terán unha repercusión sobre o conxunto do conglomerado empresarial, e poderán consistir en: elaboración ou reformulación dos plans estratéxicos, elaboración e desenvolvemento de plans ou estudos de dinamización, comunicación, potenciación, benchmarking, cooperación, etc.

- Ao cluster en colaboración con empresas adheridas a el, que deberán ter a categoría de pequena ou mediana empresa (peme), e poderán consistir en: elaboración, programación e implementación de accións para a mellora das distintas áreas funcionais das empresas participantes (aprovisionamento, produción, loxística, recursos humanos, financeira, etc).

Consideraranse subvencionables os custos destes servizos, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

- Deberán realizarse dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación.

- Non poderán consistir en actividades permanentes ou periódicas, nin estarán relacionados cos gastos de explotación normais, como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

- Non poderán corresponder a servizos de consultoría relacionados con internacionalización ou exportación.

* Liña de formación.

Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións formativas desenvolvidas ou contratadas polo cluster que teñan por finalidade procurar a mellora da capacitación do capital humano pertencente ao conglomerado empresarial que represente o cluster.

Dentro destas accións formativas consideraranse como gastos subvencionables, sempre que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación, os seguintes custos:

- Custos de persoal docente.
- Gastos de desprazamento do persoal docente, incluído o aloxamento.
- Outros gastos correntes tales como materiais e subministracións vinculados directamente á acción formativa.
- Amortización de instrumentos e equipamentos en proporción á súa utilización exclusiva para a acción formativa.
- Custos de servizos de asesoría en relación coa acción formativa.
- Custos indirectos xerais (gastos administrativos, alugueres, gastos xerais) ata o importe equivalente ao dos demais custos subvencionables.

* Liña de constitución.

Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións desenvolvidas ou contratadas pola entidade promotora dun novo clúster empresarial galego durante o proceso de constitución deste. Este proceso deberá ter como principais obxectivos os seguintes:

- Constituír formalmente o clúster en que se aglutinen as empresas relacionadas coas actividades empresariais que conforman a súa cadea de valor ou conglomerado empresarial.
- Obter un plan director de actuacións para o dito clúster que conteña a análise e diagnóstico estratéxico das actividades empresariais relacionadas en Galicia, os factores clave e uns programas de actuacións estratéxicas, nos cales se detallarán de forma priorizada as principais accións que desenvolverá no futuro o clúster.
- Xerar unha dinámica de cooperación entre as actividades integrantes da cadea económica ou conglomerado empresarial, para favorecer a súa mellora competitiva e, por conseguinte, a xeración de riqueza, valor e emprego en todo o territorio galego.

Dentro destas accións consideraranse como gastos subvencionables, sempre que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e a data de xustificación, os seguintes custos:

- Custos de colaboracións externas (servizos de consultoría prestados por consultores externos).
- Custos de desenvolvemento: externos (gastos de comunicación e promoción, gastos xurídicos de constitución, etc.) e internos (gastos de persoal directamente involucrado no proxecto, gastos administrativos, etc.). O seu importe non poderá superar o 30% do custo total do proxecto.

Cuantía de las ayudas

* Liña de reforzamento.

A subvención poderá acadar ata o 50% dos custos subvencionables, e será esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda.

* Liña de formación.

A subvención poderá acadar ata o 60% dos custos subvencionables, e será esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda.

* Liña de constitución.

A subvención poderá acadar ata o 100% dos custos subvencionables, e será esta porcentaxe a intensidade máxima de axuda, e o importe da subvención estará limitado a 100.000 € por beneficiario.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

O prazo para iniciar solicitudes a través da aplicación informática remata 24 horas antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibilidades

Con respecto á terceira liña de axudas, Constitución, o dito procedemento quedará suxeito ao Regulamento de minimis

Referencia legislativa

Orde do 29 de marzo de 2011 (DOG Nº67 do 05/04/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Información y tramitación en

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN540A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

b) Os teléfonos da dita dirección xeral: 981 544388, 981 545576 ou 981 545572.

c) O enderezo electrónico: cei.dxiem.axudascluster@xunta.es

d) Presencialmente.