El plazo de presentación finalizó el 07/10/2013

AXUDAS A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Finalidad / Objetivo

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para os proxectos de enerxías renovables executados en Galicia que empreguen as tecnoloxías incluídas no Anexo I das Bases reguladoras, que se detallan a continuación:

- Enerxía solar térmica.

- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas.

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalcións mixtas non illadas.

- Caldeiras de biomasa.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, por rigorosa orde da reserva de fondos efectuada na aplicación informática.

Beneficiarios potenciales

- Persoas físicas maiores de idade.

- Empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos.

- Empresas de servizos enerxéticos (ESE).

- Entidades sen ánimo de lucro (fundacións de carácter privado, asociacións e comunidades de propietarios por regra xeral)

- Agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica.

Requisitos principales del proyecto

Inversiones o gastos computables

Co fin de incentivar o uso das tecnoloxías descritas, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará en función dos prazos seguintes, contados desde o día seguinte á notificación da resolución de concesión:

- Enerxía solar térmica: dous meses no sector doméstico e tres meses nas restantes instalacións.

- Enerxía solar fotovoltaica e instalacións mixtas illadas: dous meses todas as instalacións.

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas: tres meses todas as instalacións.

- Caldeiras de biomasa: dous meses no sector doméstico e tres meses nas restantes instalacións.

Os xustificantes de gasto e de pago terán que estar comprendidos dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día seguinte ao da solicitude de axuda e ata aquel en que remate o prazo que lle corresponde á instalación, e sempre co límite do día 30 de novembro de 2013.

Cuantía de las ayudas

A contía máxima de axuda en cada liña de actuación será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:

- Enerxía solar térmica: máximo de 60 000€

- Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas: máximo 20 000€

- Enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas: máximo 20 000€

- Caldeiras de biomasa: máximo 30 000€.

Ningún posible beneficiario poderá realizar reservas de fondos e formular solicitudes de axudas por un importe superior a 100.000 euros entre todas as solicitudes formuladas nas diferentes liñas de subvención desta convocatoria.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de abril, e permanecerá aberto ata o día 7 de outubro de 2013 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 22 de abril ata as 14:00 h do 1 de outubro).

Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible.

Incompatibilidades

1. Por regra xeral, o importe dunha subvención outorgada en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, exceda o 100 % do investimento subvencionable ou, se é o caso, se supere o límite máximo establecido na normativa que resulte de aplicación.

2. Non obstante, para as axudas sometidas ao réxime de exención previsto no Regulamento 800/2008 (Regulamento xeral de exención por categorías) a intensidade de axuda non poderá exceder o 45 % dos custos subvencionables, salvo que se trate de medianas
ou pequenas empresas, nas cales aintensidade xenérica podería incrementarse, respectivamente, en 10 ou 20 puntos porcentuais de acordo co previsto no artigo 23.2 do dito regulamento. Unicamente se exceptúan desta limitación na intensidade das axudas, conforme o previsto no artigo 2.2 destas bases, aqueles supostos en que os beneficiarios sexan particulares, ou entidades e institucións sen ánimo de lucro que non desenvolvan actividades económicas que repercutan en terceiros.

Referencia legislativa

Resolución do 9 de abril de 2013 (DOG Nº73 do 16/04/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013
Resolución do 9 de abril de 2013 (DOG Nº76 do 19/04/2013) - Corrección de erros

Información y tramitación en

Información:

En caso de dúbida á hora de encher os formularios, poderase dirixir ao Inega a través dos teléfonos 981 541 531 / 981 541 530 / 981 541 524 ou en inega.info@xunta.es

Enderezo: Rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, Santiago de Compostela.

Tramitación:

A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos, que se confirmará coa presentación da solicitude. Por esta razón terán que realizarse dúas actuacións diferenciadas: unha primeira de reserva de fondos e unha segunda de presentación da solicitude no rexistro correspondente.

a) Reserva previa de fondos.
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/), ou ben desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es). Teléfono de asistencia técnica: 981 54 15 00. Prazo máximo: 14:00 h. do 1 de outubro de 2013.

b) Presentación de solicitudes:
Realizada a reserva de fondos, deberá presentarse obrigatoriamente a solicitude de axuda nos cinco (5) días hábiles seguintes, que
servirá como inicio do expediente e confirmará a reserva de fondos efectuada. Prazo máximo: 7 de outubro de 2013.