El plazo de presentación finalizó el 14/07/2010

SUBVENCIÓN PARA A ADHESIÓN Á REDE DO COMERCIO RURAL GALEGO (IN224A)

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto fomentar a adecuada dotación comercial no medio rural, así como promover a modernización dos establecementos situados en zonas rurais e a adhesión ao selo de Comercio rural galego.

Considéranse comercios rurais os situados en:

a) Concellos de menos de 5.000 habitantes de acordo co establecido no Real decreto 1683/2007, do 14 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas a 1 de xaneiro de 2007.

b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en concellos de máis de 5.000 habitantes, con ou sen planeamento municipal vixente.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeita ao réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Os comerciantes ou futuros comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio. No caso de sociedades, polo menos un das/os socias/os debe dedicarse de forma habitual á actividade.

2. Os beneficiarios deben ser propietarios do local en que desenvolven ou pretenden desenvolver a súa actividade ou ter unha disposición sobre el, por calquera medio válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. Se dispoñen de contrato de aluguer, deben achegar o compromiso do propietario de que o establecemento se manterá na Rede de comercio rural galego 10 anos.

3. Os beneficiarios deben cumprir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan ou vaian desenvolver a súa actividade comercial na Comunidade Autónoma galega, de acordo co establecido no artigo 1 destas bases, e que o seu enderezo social radique igualmente en Galicia.

b) Que se dediquen a algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo III desta orde.

c) Que non superen os dez traballadores.

d) Que os locais comercias teñan como mínimo 35 metros cadrados e non superen os 150 metros cadrados de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público (quedan excluídos para o cómputo desta superficie as oficinas, reboticas, almacéns e salas de refrixeración, obradoiros e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos ...).

e) Emprego de, polo menos, a lingua galega.

Requisitos principales del proyecto

Os solicitantes da subvención para a adhesión da Rede de comercio rural galego adquiren os seguintes compromisos:

1. Adherirse á Rede de comercio rural galego, unha vez rematadas as obras e superada a auditoría de comprobación do organismo xestor da rede.

2. Realizar a rehabilitación seguindo o manual de adecuación do local. O proxecto de obra debe ser validado pola rede.

3. Presentar a xustificación do investimento ata o 30 de novembro.

4. Manter o establecemento aberto e en funcionamento durante 10 anos seguindo os requisitos de xestión recollidos nos manuais da rede publicados na páxina web www.comercioruralgalego.eu, (manual de rede, manual administrativo, manual de xestión, manual de márketing, manual de procedemento de adhesión, manual de atención ao cliente, manual de adecuación do local e manual de imaxe corporativa).

5. Ofrecer os produtos e servicios exixidos pola rede.

6. Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a entidade responsable das auditorías da Rede de comercio rural galego.

7. Empregar, polo menos, a lingua galega.

Inversiones o gastos computables

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que sexan levadas a cabo desde o 1 de xaneiro de 2008 ata o límite de xustificación do prazo as seguintes:

a) A adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados e teña unha superficie mínima de 35 metros cadrados de sala de vendas (incluídos os locais precisos para o desenvolvemento da actividade: cociñas, almacéns, aseos ...).

b) A reforma da fachada da edificación onde se instale o establecemento.

c) A adquisición do mobiliario do local comercial.

d) O rótulo da Rede de comercio rural galego.

e) A adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade.


Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as seguintes actuacións:
a) A reforma ou a rehabilitación de dependencias non relacionadas coa actividade.
b) A adquisición de locais e, en xeral, de bens inmobles.
c) A edificación nova.
d) Os gastos de funcionamento de actividade.

As obras e, mais a compra de material deben ser executadas segundo o proxecto de obra validado pola Rede de comercio rural galego.
Para o cálculo do investimento subvencionable, o orzamento de execución material non será superior a 1.000 €/m2.

Cuantía de las ayudas

As subvencións consistirán nunha disposición en diñeiro a fondo perdido de ata o 70% do investimento en activo fixo, cun máximo de 100.000 €, IVE excluído.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de xullo de 2010

Incompatibilidades

O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 70% do investimento subvencionable.

Referencia legislativa

Orde do 3 de xuño de 2010 (DOG Nº114 do 14/06/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010

Información y tramitación en

Información na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org), na súa epígrafe de axudas e na oficina virtual.
b) O teléfono 981 54 55 92 da devandita dirección xeral.
c) O teléfono gratuíto da Rede de comercio rural Galego 900 10 20 94.
d) O enderezo electrónico dxcomercio@xunta.es
e) Presencialmente.

O funcionamento da Rede de comercio rural galego recóllese nos manuais da rede que se poden consultar na páxina web: www.comercioruralgalego.eu

Observaciones

Presentar a xustificación do investimento ata o 30 de novembro de 2010