El plazo de presentación finalizó el 24/07/2009

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO INDUSTRIAL (IN530B)

Finalidad / Objetivo

Incentivar o desenvolvemento de actuacións de investimentos en equipamento industrial que incida na capacidade competitiva das empresas galegas a través da súa adquisición no ano 2009.

Tipos de apoyo

O procedemento de concesión desta subvención tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (CE) nº 1998/2006 (DOUE 28/12/2006) da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.

Beneficiarios potenciales

As empresas privadas validamente constituídas no momento de presentación de solicitudes, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, con domicilio social ou algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade principal, nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II, nos termos nel establecidos.

Non terán a condición de beneficiarios as seguintes empresas:

-Aquelas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura segundo se recolle no Regulamento (CE) nº 104/2000, do Consello.
-Aquelas que operan na produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
-Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado
-Aquelas cuxas actividades están relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, é dicir, as axudas vinculadas directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade exportadora.
-Aquelas que condicionen a utilización de bens nacionais con preferencia sobre os bens importados.
-As empresas activas no sector do carbón.
-Aquelas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada e soliciten a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías.
-Aquelas que están en crise.

Así mesmo non se consideran beneficiarios os/as artesáns titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, xa que existen outras convocatorias específicas da Consellería de Economía e Industria para atender este colectivo. Esta exclusión non afecta as entidades artesanais que operan no ámbito da alimentación.

Sectores incentivables

Anexo II da orde de axudas.

Inversiones o gastos computables

Considérase actuación subvencionable a consistente na dotación de equipamento industrial necesario para o desenvolvemento da actividade económica principal, que poderá ser, tanto para a adquisición de novo equipamento industrial coma para a renovación do existente, sempre e cando, o devandito equipamento sexa de primeiro uso. Só será subvencionable un proxecto de investimento por cada solicitante.

Gastos subvencionables:
Os investimentos en activos materiais, entendendo por estes os investimentos en equipamento industrial novo que, directamente estean vinculados coa actividade principal da empresa. Os ditos investimentos só terán carácter elixible cando o seu importe acade como mínimo os 12.000 euros. No suposto de acumulación de adquisición de equipamento industrial, en ningún caso se admitirán os investimentos en elementos individuais que teñan un custo inferior a 2.000 euros.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2009 e ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 destas bases ( de decembro de 2009 ). Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación desta orde e, polo tanto, non son subvencionables, os seguintes gastos:

a) Os realizados nos centros de traballo situados fóra do territorio galego.
b) Terreos, bens inmobles e obra civil, en xeral.
c) Mobiliario, material e equipos de oficina.
d) Instalacións fixas de climatización (calefacción, refrixeración e ventilación) e de produción de auga quente sanitaria, destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene das persoas.
e) Instalacións telefónicas, fax ou de calquera tipo de telecomunicacións. Equipos para procesos de información e aplicacións informáticas non embebidas no equipamento industrial subvencionable ou que non estean incondicionalmente vinculados co seu funcionamento.
f) Instalacións eléctricas en xeral.
g) Transporte exterior que non sexa de exclusiva aplicación á actividade principal subvencionable e con ausencia de elementos e características especiais para a realización de operacións específicas inherentes ao seu desenvolvemento.
h) Os gastos inmateriais derivados da adquisición do equipamento industrial (formación, viaxes, aloxamentos, seguros, transporte, impostos, etc) agás a man de obra necesaria do provedor elixido para operacións de instalación, montaxe e posta en marcha, cun límite do 10% do importe do equipamento subvencionable.
i) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo (aínda que esta comercialización se realice no propio establecemento no que se desenvolva a actividade produtiva subvencionable).
j) Gastos financeiros derivados de posibles pagamentos aprazados do equipamento industrial, agás os gastos de formalización.
k) O imposto sobre valor engadido (IVE).
l) Calquera gasto que aínda que pola súa natureza poida considerarse subvencionable figuren incluídos e sen cuantificar gastos non subvencionables.
m) Aqueles gastos que sexan subvencionables ao abeiro da orde de axudas que convoque a Consellería de Economía e Industria nesta anualidade en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Cuantía de las ayudas

A intensidade da axuda poderá acadar ata o 45% do investimento subvencionable no caso de microempresas, ata o 40% no caso de pequenas empresas, ata o 35% no caso de medianas empresas e ata o 30% no caso de empresas que superen os límites de PEME pero, en ningún caso, baixo esta convocatoria poderá concederse unha subvención por máis de 50.000 euros por beneficiario.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ata o 24 de xullo de 2009, ambos os dous inclusive.

Incompatibilidades

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou doutros organismos internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable.

Ao estar a este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (CE) nº 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE 28-12-2006), deberase garantir que no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo este réxime de minimis, non se superá o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector do transporte por estrada este límite está fixado en 100.000 €. Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido.

Referencia legislativa

Orde do 18 de xuño de 2009 (DOG Nº122 do 24/06/2009) - Bases reguladoras e convocatoria 2009
Orde do 18 de xuño de 2009 (DOG Nº128 do 02/07/2009) - Corrección de erros
Orde do 2 de novembro de 2009 (DOG Nº219 do 09/11/2009) - Ampliación orzamentaria

Información y tramitación en

Información:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), no seu punto de axudas e na «oficina virtual».
b) Os teléfonos 881 99 93 85 e 881 99 91 17 e o fax 881 99 93 84.
c) O enderezo electrónico cei.axudassecretaria@xunta.es
d) Presencialmente.

Tramitación: