El plazo de presentación finalizó el 26/07/2010

SUBVENCIÓNS PARA A MOBILIZACIÓN, DINAMIZACIÓN E SISTEMATIZACIÓN DA INNOVACIÓN (IN828A)

Finalidad / Objetivo

O obxectivo desta orde é sensibilizar sobre a importancia dunha adecuada xestión da innovación e ir creando dinámicas e competencias que permitan tanto o óptimo aproveitamento dos recursos de innovación como o acceso a socios e colaboradores que faciliten os procesos de cambio na empresa.

Financiar proxectos de mobilización, dinamización e sistematización da innovación que acheguen a estrutura e o clima básico necesarios para unha implantación sistemática da innovación nas Pemes e para desenvolver un maior grao de cooperación entre axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación (SGII).

Tipos de apoyo

Axudas en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

- Os organismos de intermediación e representación empresariais con personalidade xurídica propia e sen fin de lucro, que aglutinan colectivos sectoriais e/ou xeográficos de empresas, e que ademais dunha función de representación do colectivo deben prestar de forma habitual servizos de apoio ás empresas e presentar un interese preferente pola innovación. Poderán ser organizacións de ámbito xeográfico autonómico, provincial ou local tanto de carácter xeral como sectoriais ou de especialización tecnolóxica, que dispoñan de sede social ou dalgún centro de traballo en Galicia.

- Empresas consultoras con especialización e experiencia demostrable na xestión da innovación e no fomento de accións de articulación do Sistema de Innovación, que entre as súas actividades oferten servizos de consultoría en innovación e dispoñan de sede social ou dalgún centro de traballo en Galicia. Ademais, as empresas deberán dispor de capacitación e experiencia nalgunha das seguintes áreas: participación na elaboración de plans estratéxicos de innovación; dirección de implementación de sistemas e/ou modelos de xestión da innovación; definición e/ou implementación de proxectos de innovación nos ámbitos de proceso, produto/servizo, mercado de organización; realización de diagnósticos de innovación ou tecnolóxicos; elaboración de plans de innovación ou tecnolóxicos; protección e explotación dos resultados de I+D+i; financiamento e fiscalidade da I+D+i.

Inversiones o gastos computables

Actividades subvencionables:

* Modalidade A:

Xornadas, seminarios e obradoiros sobre a importancia da innovación e a súa aplicación sistemática e profesionalizada.

A modo de exemplo orientativo, aínda que non limitativo, cítanse algunhas temáticas para as accións de sensibilización:
-Xeración de novos conceptos (produtos, procesos, negocios, mercados …) a través da creatividade, da xestión da información interna e externa, da prospectiva. Trátase, en definitiva, de identificar e xestionar fontes de ideas de cambio na empresa.
-Cultura innovadora; observación sistemática dos cambios como base da planificación empresarial; compromiso coa innovación e tolerancia ao risco; xestión da aprendizaxe organizacional; xestión sistemática da innovación e carteira de proxectos.
-Xestión do coñecemento e das competencias; xestión da tecnoloxía e da propiedade industrial e intelectual.
-Rendibilización dos procesos de cambio: desenvolvemento de produtos e servizos; desenvolvemento de novos mercados, e xestión de investimentos e procesos de innovación.

No caso de xornadas e seminarios de sensibilización valorarase especialmente a capacidade de convocatoria e impacto sobre un elevado número de destinatarios.

No caso de obradoiros de innovación daráselles prioridade a aqueles dirixidos a grupos reducidos de empresas, orientados a desenvolver accións concretas con cada empresa participante.

* Modalidade B:

Accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais de ámbito xeográfico e/ou sectorial e proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en Pemes, en particular:

-Implantación de metodoloxías e sistemas de xestión da innovación.
-Adecuación das estruturas organizativas para facilitar a implantación, dinamización ou sistematización dos procesos de innovación.
-Creación e dinamización de equipos/grupos de traballo de innovación na empresa.
-Estudos de oportunidade, en que se incluirán revisións do estado da arte, análises de situación actual e prospectiva e viabilidade económico-financeira do desenvolvemento dos resultados dun proxecto de I+D+i ata a fase comercial.
-Auditorías tecnolóxicas e de innovación

Gastos subvencionables:


Modalidade A:

A-1. Pagamentos a conferenciantes que, en todo caso, serán persoas físicas que se deberán identificar ou, cando menos, o seu perfil. Tamén se deberá detallar o número de horas da súa intervención. O aboamento deste concepto poderá facerse por dous sistemas: mediante pagamento directo ao conferenciante ou mediante factura da entidade en que traballa. Neste último caso na factura emitida pola entidade deberá quedar perfectamente constatado que o destinatario dos fondos é a persoa que impartiu a conferencia.

A-2. Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de conferenciantes. Cando se conte con conferenciantes de fóra de Galicia, deberase xustificar a oportunidade destas intervencións e a singularidade do perfil dos relatores. As facturas de gastos por este concepto deberán indicar, cando menos, a persoa que realizou a viaxe e os conceptos incluídos.

A-3. Aluguer de salas e/ou instalacións precisas para o correcto desenvolvemento da actuación proposta. En ningún caso se aceptarán por este concepto facturas da mesma entidade polo uso das súas propias salas e/ou instalacións.

A-4. Dedicación de persoal propio da entidade solicitante. O custo por este concepto non poderá superar o 20% do orzamento total da acción. Dentro deste concepto deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o seu desempeño. As taxas horarias de persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.

A-5. Outros gastos: neste punto poderanse incluír, con carácter exclusivo, os investimentos realizados en difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Salvo casos excepcionais debidamente xustificados, non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.

Modalidade B:

B-1. Gastos de persoal propio ou contratado dedicado directamente ás actuacións do proxecto que se presente. En caso de persoal propio deberán especificarse que tarefas desenvolverá este persoal no proxecto e xustificar a experiencia e capacitación para o desempeño destas tarefas. As taxas horarias de persoal deberán ser acordes co nivel de competencia e retribución na empresa; a intensidade de dedicación ao proxecto deberá ser coherente coa función desempeñada polo persoal na empresa.

B-2. Gastos de asesoría, consultoría, titoría ou formación realizados por entidades consultoras externas.

B-3. Outros gastos: neste punto poderanse incluír, con carácter exclusivo, os investimentos realizados en difusión e convocatoria das actividades que se van desenvolver (documentación que se entregará nos seminarios, folletos de promoción etc.). Salvo casos excepcionais debidamente xustificados, non se poderá imputar por este concepto máis dun 10% da subvención concedida.

Con caracter xeral non se admitirán gastos en material inventariable.

Estas subvencións terán unha única anualidade; polo tanto só se admitirán aqueles gastos e actuacións, dos relacionados no punto anterior, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e a data de xustificación (30 de novembro de 2010)

Cuantía de las ayudas

-Xornadas, seminarios e obradoiros: máximo 20.000 euros por evento. No entanto poderán aceptarse programas completos con varios eventos que non superen entre todos os 100.000 euros.

-Accións de dinamización da innovación: mínimo 10.000 euros e máximo 100.000 euros.

Así mesmo, o importe da subvención non poderá exceder, xunto coas demais axudas amparadas pola cláusula de minimis percibidas polo beneficiario no último período de tres anos fiscais, o límite de 200.000 euros, agás para as empresas que operen no sector do transporte por estrada que será de 100.000 euros

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Incompatibilidades

As subvencións reguladas nestas bases serán incompatibles con calquera outra axuda outorgada, para os mesmos gastos, por calquera outra Aministración, organismo ou ente público ou privado.

Referencia legislativa

Orde do 2 de xullo de 2009 (DOG Nº133 do 09/07/2009) - Bases reguladoras e convocatoria 2009
Orde do 2 de xullo de 2009 (DOG Nº180 do 14/09/2009) - Corrección de erros
Orde do 20 de outubro de 2009 (DOG Nº214 do 02/11/2009) - Modificación das bases
Orde do 18 de xuño de 2010 (DOG Nº120 do 25/06/2010) - Convocatoria 2010
Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG Nº198 do 14/10/2010) - Modificación

Información y tramitación en

Información:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas e na oficina virtual.
b) Os teléfonos 981 95 73 83 e 981 95 73 88 da citada dirección xeral.
c) O enderezo electrónico info.dina@xunta.es
d) Presencialmente.

Tramitación:
Os formularios de solicitude das subvencións reguladas nesta orde deberaas obter, cubrir, confirmar e imprimir necesariamente o solicitante a través da aplicación informática Axudas virtual (código de procedemento IN828A) establecida na Oficina virtual desta consellería, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi

Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24.00 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse ao Servizo Galego de Propiedade Industrial e Innovación Empresarial, a través dos teléfonos 981 95 73 83 e 981 95 73 88, do número de fax 981 95 73 80

Observaciones

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados na data límite do 30 de decembro de 2010 a documentación correspondente.