El plazo de presentación finalizó el 20/02/2020

INEGA - REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA (IN417Y)

Finalidad / Objetivo

Subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Tamén serán subvencionables as actividades previstas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

Sectores incentivables

Considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009.

Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Requisitos principales del proyecto

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros por actuación, salvo no caso das auditorías enerxéticas, cuxo investimento mínimo será de 3.000 euros. En todos os casos, o IVE non está incluído.

Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude incluirá un único proxecto técnico, que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto. Por exemplo, considéranse actuacións homoxéneas que deben incluírse nunha única solicitude as seguintes:

– Todas as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo.

– A renovación de varios equipamentos para o mesmo fin. Por exemplo, a instalación de dúas caldeiras para proceso aínda que estas non sexan iguais (ademais, debe incluírse no mesmo proxecto calquera actuación relacionada que se efectúe na sala de caldeiras, como pode ser a instalación dun economizador ou tanque de revaporización).

Considéranse actuacións non homoxéneas e que, polo tanto, deben cursarse en solicitudes independentes a combinación de proxectos independentes, por exemplo, a renovación dun compresor, a renovación dos equipamentos de iluminación, a renovación das caldeiras, a instalación de variadores de frecuencia en motores, etc.

Inversiones o gastos computables

- Auditorías enerxéticas.

- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.

- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e servizos.

Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial e servizos, así como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do consumo do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de coxeración e biogás que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresas; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético como mínimo do 20% respecto do consumo inicial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.

Cuantía de las ayudas

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 15 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 100.000 € e ben podería chegar ata 1.000.000 € para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de xaneiro e remata o 20 de febreiro de 2020.

Referencia legislativa

Resolución do 19 de decembro de 2019 (DOG Nº12 do 20/01/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981541500 Fax: 981541515

Información web: www.inega.es

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.