El plazo de presentación finalizó el 08/06/2006

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS PARA A CREACION ,REFORMA E MELLORA DA INFRAESTRUTURA HOTELEIRA SITA EN NUCLEOS HISTORICOS EN AREAS DE REHABILITACION INTEGRAL (A.R.I)

Finalidad / Objetivo

Creación, reforma ou mellora mediante nova construcción ou á rehabilitación e/ou restauración de edificacións, para uso hoteleiro, sitos en núcleos históricos dentro dun área de rehabilitación integral (A.R.I).

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios de subvencións para a creación, mellora ou reforma de hoteis, con carácter xeral, as empresas turísticas, así como as de nova creación e as agrupacións delas sempre e cando desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sectores incentivables

Hostalería e Turismo.

Requisitos principales del proyecto

No caso de reforma ou mellora de hotel, o investimento subvencionable non poderá ser inferior a sesenta mil euros (60.000 €).
No caso de creación de hotel, o investimento subvencionables non poderá ser inferior a douscentos mil euros (200.000 €).
No caso de empresas xa constituídas só poderá adquirir a condicion de beneficiario potencial cando polo menos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante teña contratos por tempo indefinido (no caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de contratación estable será dun 33%). Non será preciso dar cumprimento a este requisito de estabilidade laboral, no caso de que a subvención concedida sexa inferior a 60.101€
Os establecementos, obxecto da subvención, non poderá superar unha oferta de alonxamentos de máis de 75 prazas.

Cualificación requerida del proyecto

Iniciar a súa actividade turística, incluídos todos os servizos que se previron no proxecto, provisto da correspondente autorización de apertura da Administración turística, nun prazo máximo de seis meses, contados a partir da data da xustificación final do investimento.
Manter a súa actividade durante un período mínimo de quince anos.
Crear os postos de traballo a que se compromete no anexo II e mantelos durante un período de 5 anos.
Adscribirse á central de reservas que, se é o caso, cree a Administración turística galega.

Inversiones o gastos computables

Considéranse investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se emprendan para a creación ou mellora dos hoteis obxecto desta orde, como, se é o caso a adecuación do contorno e as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura, a cultura e a sociedade tradicional e os honorarios técnicos.
Considéranse comprendidos nos proxectos de obras e polo tanto subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado etc...); non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións.

Non se considera subvencionable o mobiliario, a lenzaría, menaxe, vaixelas e análogos, a adquisición de terreos, nin ningún tipo de taxa ou imposto.

Cuantía de las ayudas

Os proxectos que se recollen nesta orde como accións subvencionables, poderán acadar unha axuda económica de ata o 20% sobre o investimento subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Establécese a incompatibilidade da concorrencia de subvencións solicitadas ao abeiro desta orde coa solicitude de axudas segundo as ordes de convocatoria de subvencións para a creación ou mellora de infraestrutura hoteleira.

Referencia legislativa

Orde do 27 de abril de 2006 (DOG Nº87 do 08/05/2006) - Convocatoria 2006
Orde do 10 de outubro de 2006 (DOG Nº203 do 20/10/2006) - Modificación do prazo de execución

Información y tramitación en

Delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.