El plazo de presentación finalizó el 07/04/2005

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS PARA A MELLLORA DE CAMPAMENTOS PÚBLICOS DE TURISMO.

Finalidad / Objetivo

Accións encaminadas á creación e mellora dos campamentos públicos de turismo que conduzan á implantación de sistemas de calidade e xestión ambiental.

Tipos de apoyo

Subvención a Fondo perdido.

Beneficiarios potenciales

Persoas físicas ou xurídicas titulares de campamentos públicos de turismo, en calquera das formas de posesión que determina o Código civil, sempre e cando desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sectores incentivables

Hostalería e turismo.

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos deberán cumprir os requisitos da normativa turística vixente. Os proxectos serán globais.
Os investimentos deben comezar a súa execución en 2005 e estar rematados con tempo dabondo para xustificar o investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nestaa orde.
Ademais, deben cumprir o disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
Publicitar a colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo – Dirección Xeral de Turismo.

Cualificación requerida del proyecto

Os cámpings deben estar inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia.
O investimento mínimo subvencionable non poderá ser inferior a 9.000 €.

Inversiones o gastos computables

Modernización e remodelación das instalacións, a creación ou mellora da oferta complementaria, así como a substitución dos equipamentos obsoletos das instalacións existentes e os honorarios técnicos. Non formará parte do investimento subvencionable a adquisición de terreos, así como ningún tipo de taxa ou imposto.

Cuantía de las ayudas

Poderán acadar unha axuda económica de ata o 30% sobre o investimento subvencionable. A esta cantidade engadiráselle 6.100 € por posto de traballo que se crea con carácter indefinido. En todo caso, a porcentaxe máxima da axuda non poderá superar, en ningún caso, o 40% do custo do proxecto en termos de subvención neta.

Plazo de presentación de solicitudes

7 de abril de 2005.

Incompatibilidades

É posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere a porcentaxe máxima do investimento subvencionable do 40%.

Referencia legislativa

Orde de 4 de febreiro de 2005 (DOG Nº34 do 18/02/2005)

Información y tramitación en

Servizo Provincial de Turismo, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Tfn: 981 546 351. Fax: 981 546 356

Observaciones

Comezar a súa execución durante o ano 2005 e estar rematados con tempo abondo para xustificar o investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos, aínda que tamén poden ser subvencionados os proxectos iniciados con anterioridade, sempre e cando os solicitantes acheguen certificación valorada, asinada por técnico facultativo, das obras realizadas, as cales non computarán para os efectos de investimento subvencionable.
A localización do investimento atendendo á súa situación e para isto terase en conta: a localización en áreas rurais con tendencia á despoboación, áreas termais con afloramento susceptibles de explotación turística, zonas costeiras con elementos configuradores de produto turístico náutico ou pola súa fisionomía tradicional mariñeira, o interese do espazo en relación a figuras de protección ambiental ou a declaración oficial como turístico do municipio.
Análise do destino en relación á calidade dos accesos, das infraestruturas básicas e á oferta de servizos de utilización turística.
Estado actual e as características da edificación conforme a parámetros arquitectónicos que permitan a súa utilización turística.
Número de postos de traballo e o grao de estabilidade.
A oferta de servizos proxectada que supere a esixida pola normativa reguladora.
Incorporación a plans de calidade normalizados e recoñecidos nos mercados, en particular os homologados polo Instituto da Calidade Turística Española.
A relación entre a oferta de servizos proxectada e o investimento proxectado.
Que o solicitante sexa o beneficiario dun programa de novos emprendedores.
A incidencia que nos recursos turísticos ten na área do investimento consonte a estudos e análises aprobados pola Dirección Xeral de Turismo.
Non estar localizado o investimento nun municipio incluído nalgún outro programa de axuda que persiga os mesmos fins.