El plazo de presentación finalizó el 20/04/2010

IN218A - MODERNIZACIÓN DE COMERCIOS SITUADOS EN ZONAS RURAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Finalidad / Objetivo

Promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia, a implantación de comercios sitos nas diversas rutas do Camiño de Santiago e a concesión de subvencións para comerciantes ambulantes, que se inclúen como anexo I.

Tipos de apoyo

Axudas a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarios os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade en establecementos comerciais situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, e que o seu enderezo social e fiscal radique igualmente en Galicia.

b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo VI desta orde. No caso de que o solicitante estea dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, entenderase como actividade principal aquela que comporte a maior facturación e, se isto non é posible de determinar, atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.

c) Que non superen os dez traballadores.

d) Que os locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público, con excepción dos establecementos comerciais sinalados no anexo I, artigo 1.3º a). Quedan excluídos para o cómputo desta superficie as oficinas, reboticas, almacéns e salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos etc.

2. Comerciantes que inicien a súa actividade nalgunha das rutas do Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia e que sexan zonas rurais segundo o artigo 1º.1 a) e b), que cumpran co sinalado no artigo 3º.1. a), b), c), d), e que, ademais, o 75% dos produtos ofertados estean amparados pola etiqueta Artesanía de Galicia, produtos de denominación de orixe galega, e/ou produtos recollidos baixo a marca de Galicia Calidade.

3. Comerciantes ambulantes, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que figuren inscritos no Rexistro de Vendedores Ambulantes da Xunta.

b) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade comercial nalgún dos concellos do anexo VIII, e que o seu enderezo social e fiscal radique igualmente en Galicia.

c) Que non superen os dez traballadores.

d) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo VI desta orde.

Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Relación de epígrafes do IAE subvencionables:

641.-Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642.-Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.
643.-Comercio polo miúdo de pescados e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.
644.-Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.
645.-Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.
647.1.-Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.
647.2.-Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.
647.3.-Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se atope comprendidas entre 120 y 399 metros cadrados.
651.-Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.
652.2.-Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.
652.3.-Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.
652.4.-Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herboristarías.
653.-Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.
654.2.-Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.
654.5.-Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.
657.-Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659.2.-Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.
659.3.-Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
659.4.-Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.
659.5.-Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.
659.6.-Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestir, calzado e lacado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
659.7.-Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
661.3.-Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha selección relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.
662.2.-Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1
663.1.-Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos alimenticios, incluso bebidas e xeados.
663.2.-Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos téxtiles e de confección.
663.3.-Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de calzado, peles e artigos de coiro.
663.4.-Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de artigos de droguería e cosméticos e de produtos químicos en xeral.
663.9.-Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente doutras clases de mercadorías n.c.o.p.

Requisitos principales del proyecto

Considéranse comercios rurais os situados en:

a) Concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes de acordo co establecido no Real decreto 1918/2009, do 11 de decembro, polo que se declaran as cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2009 (anexo VIII).

b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en municipios de máis de 10.000 habitantes, con ou sen planeamento municipal vixente, sempre que o concello correspondente certifique o seu carácter de núcleo rural.

Inversiones o gastos computables

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata a data de remate da xustificación dos investimentos, as seguintes:

1) Para os comerciantes retallistas con establecementos:

a) Custo das obras e/ou ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Esta limitación de superficie non será de aplicación para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1.

b) Custo de adquisición de mobles, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático, fotocopiadoras, televisións, monitores, etc.

c) Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio (tales como deseño, produción e inserción de publicidade en radio, prensa, televisión e banners publicitarios-internet).

d) Adquisición de vehículos comerciais de ata 3.500 quilogramos pma (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado co nome e enderezo do establecemento comercial.

Para poder optar á axuda, establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.500 euros, IVE excluído. O investimento máximo subvencionable será de 50.000 euros, IVE excluído para os comerciantes retallistas con establecemento comercial. Estes límites non serán de aplicación para os conceptos dos toldos e/ou capotas.

2) Para a implantación de comercios nalgunha das rutas do Camiño de Santiago e que sexan zonas rurais segundo o artigo 1º.1 a) e b):

a) Custo das obras do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Esta limitación de superficie non será de aplicación para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1.

b) Custo de adquisición de mobles, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático, fotocopiadoras, televisións, monitores etc.

c) Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio (tales como deseño, produción e inserción de publicidade en radio, prensa, televisión e banners publicitarios-internet).

3) Para os comerciantes ambulantes:

a) A adquisición de vehículos comerciais e/ou vehículos-tenda de ata 3.500 kilogramos pma (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado.

b) Os toldos e/ou capotas que empreguen para protexer a súa mercadoría.

Cuantía de las ayudas

As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 50% do investimento subvencionable aprobado pola Dirección Xeral de Comercio. Estas axudas veranse incrementadas ata o 70% no caso daqueles comerciantes cuxo establecemento estea nalgunha das rutas do Camiño de Santiago.

No caso das axudas á adquisición de vehículos comerciais a subvención a fondo perdido será de ata o 20%.

Para os toldos e/ou capotas dos comerciantes ambulantes a subvención será de ata 10 €/metro cadrado ata un máximo de 500 €.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 20 de abril de 2010 ambos inclusive.

Incompatibilidades

O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100% do investimento subvencionable.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería para os mesmos conceptos subvencionables, e en calquera caso, serán incompatibles coa axuda recollida baixo o procedemento IN224A Rede de comercio rural galego.

Referencia legislativa

Orde do 5 de marzo de 2010 (DOG Nº49 do 12/03/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010

Información y tramitación en

Os formularios de solicitude de axuda regulados nesta orde deberaos obter, cubrir, validar e imprimir necesariamente o solicitante a través da aplicación informática Axudas Virtual (procedemento IN218A-presentación electrónica), dispoñible no seguinte enderezo da internet: http://axudasindustria.xunta.es/att. Tamén se pode acceder, na oficina virtual desta consellería, sita no enderezo da internet http://economiaeindustria.xunta.es e no enderezo http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia da Xunta de Galicia facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN218A

O prazo para iniciar solicitudes a través da aplicación informática remata 24 horas antes do sinalado no número 2 deste artigo.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio a través do número de teléfono 981 54 54 19, do número de fax 981 54 55 41 ou do enderezo de correo electrónico cei.dxc.axudas@dxcomercio.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación por escrito de solicitudes.

Observaciones

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar ata o 30 de outubro de 2010 a documentación xustificativa do investimento.