El plazo de presentación finalizó el 31/05/2014

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN - AXUDAS PARA O FOMENTO DA PROPIEDADE INDUSTRIAL (IN525A)

Finalidad / Objetivo

O obxectivo das subvencións reguladas nestas bases é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións).

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

Sectores incentivables

Todos excepto as empresas en crise, o sector do carbón e os demais sectores recollidos no artigo 1.1 do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión.

As empresas pertencentes ao sector pesqueiro, e as empresas do sector da produción de produtos agrícolas, si poderán ser beneficiarias da presente convocatoria.

Inversiones o gastos computables

Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial relativos a invencións e da súa renovación, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, os seguintes conceptos e gastos:

a) Solicitude dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

- Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
- Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

b) Mantemento dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade realizados ante a oficina oficial de propiedade industrial correspondente. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

- Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
- Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

c) Análises de rexistrabilidade dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

- Os prezos públicos aplicados pola Oficina Española de Patentes e Marcas asociados a realización de buscas retrospectivas ou informes tecnolóxicos de patentes.
- Os gastos de consultoría externa asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título de que se trate. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

A subvencionabilidade destes gastos está condicionada á presentación, ante a oficina de que se trate, da solicitude do título correspondente.

Non serán subvencionables os seguintes:

- O imposto sobre o valor engadido (IVE).
- No caso de trámites realizados ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), os gastos de intermediación entre o solicitante de subvención e a consultora externa prestadora do servizo para o cal se solicita subvención; é dicir, soamente se subvencionarán os gastos de consultoría da entidade que realizou efectivamente a tramitación, e non os da que serviu de mero intermediario.
- No caso de trámites realizados ante as oficinas oficiais de propiedade industrial fóra de España, soamente se subvencionará un gasto de consultoría ou asesoramento para cada trámite realizado.

Cuantía de las ayudas

A axuda que se vai conceder asume a forma de subvención a fondo perdido e a súa contía será o 70 % dos gastos subvencionables.

Así mesmo, a suma das subvencións percibidas por un mesmo beneficiario, resultado de ter presentado unha ou varias solicitudes ao abeiro desta convocatoria, non poderá superar os 30.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de maio de 2014.

Incompatibilidades

As subvencións reguladas nestas bases serán incompatibles con calquera outra axuda outorgada, para os mesmos gastos, por calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado. Desta maneira, as axudas outorgadas non superarán o custo total elixible do proxecto.

Este réxime de axudas quedará suxeito ao Regulamento relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado das axudas de minimis.

Referencia legislativa

Resolución do 30 de decembro de 2013 (DOG Nº16 do 24/01/2014) - Bases e convocatoria 2014

Información y tramitación en

Información na Axencia Galega de Innovación:

a) Na páxina web oficial da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es/), na súa epígrafe de «Axudas».
b) Nos teléfonos 981 95 73 90 e 981 95 73 91 da devandita axencia.
c) No enderezo electrónico infosegapi.gain@xunta.es
d) Presencialmente.

Tramitación:

Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que figuran como anexos desta resolución, que irán acompañados dos documentos que se especifican no artigo 3 das correspondentes bases reguladoras.

A solicitude de subvención (anexo II) poderase obter, cubrir ou imprimir a través dos enderezos da internet https://sede.xunta.es ou http://gain.xunta.es/ da Xunta de Galicia facendo uso do enlace dispoñible co procedemento IN525A.