El plazo de presentación finalizó el 27/03/2009

AXUDAS PARA A SUBSTITUCIÓN DE GUINDASTRES -TORRE DESMONTABLES PARA OBRAS (IN420A)

Finalidad / Objetivo

Substitución de guindastres-torre desmontables para obras con data de fabricación anterior ao 1 de xaneiro de 1985, por outras de nova fabricación.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

Os propietarios de guindastres-torre desmontables para obras.

Cando o beneficiario sexa unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas deberanse facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos para cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se aplicará para cada unha delas, que terán igualmente a condición de beneficiarios.

O beneficiario non pode estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Será condición imprescindible a inscrición no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, de acordo a o establecido no artigo 8.6ª do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de establecementos industriais de Galicia.

Sectores incentivables

Sector industrial.

Requisitos principales del proyecto

O guindastre-torre para substituír debe estar inscrito, antes do 8 de abril de 1997 no rexistro de guindastres-torre desmontables existente nas delegacións provinciais de Industria e ter sido instalado, polo menos, nunha ocasión, antes desa data (8 de abril de 1997).
Os guindastres-torre desmontables que se van substituír deberán ser achatarrados.

Inversiones o gastos computables

Guindastres-torre desmontables de nova fabricación.

Non se valorarán para efectos de investimento, os gastos que se realicen en pago de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente.

En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación o compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipo, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores salvo que se xustifique que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten ou salvo que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude da subvención.

Cuantía de las ayudas

Ata o 40% do custo do investimento subvencionable.

Plazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Incompatibilidades

O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderán ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións supere o custo da actividade subvencionable.

Referencia legislativa

Orde do 20 de febreiro de 2009 (DOG Nº41 do 27/02/2009) - Convocatoria 2009

Información y tramitación en

Información na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (www. conselleriaiei.org), na súa epígrafe de axudas.
b) Os teléfonos 981 54 55 72 e 981 54 43 88 da devandita dirección xeral.
c) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.