El plazo de presentación finalizó el 24/02/2014

AXUDAS PARA A HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NOS PARQUES EMPRESARIAIS (IN519B)

Finalidad / Objetivo

Estas bases teñen por obxecto a mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Os concellos que realicen investimentos dentro do seu ámbito territorial, para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais implantados no seu termo municipal ou nos termos municipais limítrofes. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

Inversiones o gastos computables

1. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:

a) A dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de que derive un aforro con relación aos existentes no parque e que sexan eficientes desde o punto de vista enerxético consonte o estado actual da técnica; os proxectos poderán incluír, ou ter como obxecto, a xeración de enerxía eléctrica mediante enerxías renovables como a fotovoltaica ou a minieólica, entre outras.

b) Novas estacións de depuración de augas (b.1); os proxectos poderán incluír ou ter como obxecto os colectores con vertedura á depuradora municipal (b.2).

c) Xestión de residuos.

d) Vías de acceso a parques empresariais.

e) Instalacións de sistema de seguranza e vixilancia.

2. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2013 e ata a data de xustificación do investimento.

3. Non se valorarán para efectos de investimento os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizadas con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

4. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

5. Consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

Cuantía de las ayudas

Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000 euros por solicitude.

No caso de concellos comprendidos no Plan Ferrol, Eume e Ortegal, no Plan Revive Costa da Morte, no Plan Impulsa Lugo e no Plan Impulsa Ourense, a intensidade porcentual incrementarase un 5 %.

Para as solicitudes conxuntas, a contía porcentual máxima incrementarase nun 15 % con respecto ao caso xeral e cunha contía máxima de 180.000 euros por solicitude.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibilidades

As axudas concedidas en virtude da presente orde serán incompatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas procedentes de calquera outro instrumento financeiro comunitario, de acordo co disposto no artigo 54.5 do Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006.

En calquera caso, a suma de todas as axudas non poderá superar o custo elixible do proxecto.

Referencia legislativa

Orde do 16 de xaneiro de 2014 (DOG Nº15 do 23/01/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014
Orde do 22 de outubro de 2014 (DOG Nº207 do 29/10/2014) - Ampliación prazo de presentación da xustificación

Información y tramitación en

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519B, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es)

b) Nos teléfonos 981 54 43 88 e 981 54 55 72 de servizos centrais.

c) Presencialmente.

Observaciones

Para cobrar a subvención os concellos beneficiarios terán ata o 30 de novembro de 2014.