El plazo de presentación finalizó el 30/09/2021

IG257- REAVAL CRECEMENTO - PRÉSTAMOS AVALADOS PARA O CRECEMENTO DAS PEMES (2021)

Finalidad / Objetivo

Favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.

b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

3. Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as que aparecen expresamente excluídas.

4. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que en este adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.

c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

Sectores incentivables

Considéranse atendibles todas as actividades, salvo as seguintes expresamente excluídas:

a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
e) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
f) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.

Requisitos principales del proyecto

Para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá formalizar un préstamo a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou capital corrente.

Condicións das operacións financeiras:

1) Importe.

O importe do préstamo a avalar será igual ou superior a 3.000 euros e igual ou inferior a 1.000.000 euros.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda ao abeiro deste anexo I.1. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 1.000.000 euros por convocatoria.

2) Prazo.

O prazo mínimo do préstamo a avalar será de 3 anos e non superior a 10 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos. En calquera caso, a vixencia do reaval non superará os 7 anos.

3) Tipo de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a estas bases poderá ser fixo de, como máximo, o 3 %, ou variable co sistema de variación seguinte:

Tipo de referencia: Será o euribor a prazo de 6 meses.

Tipo adicional: Será o que libremente pacten as partes sen que, en ningún caso, poida exceder de 2,5 puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ao tipo de referencia o tipo adicional que pacten as partes.


4) Subvención ao tipo de xuro.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade, ás pemes cunha actividade especialmente afectada pola crise e relacionadas no Anexo II a), e sen que poida exceder do montante total dos xuros xirados pola entidade de crédito.

A subvención que, se é o caso, sexa concedida será determinada no momento da concesión, e pagarase á beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento. No caso de amortización anticipada do préstamo, a titular deberá reintegrar ao Igape a diferenza entre os xuros aboados e o importe da subvención.

5) Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir en conceptos de apertura e estudo será do 0,60 %. Para as comisións de estudo e apertura, conxuntamente, a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 euros. Para estes efectos, non se considerará comisión o cobro da tarifa de reclamación de posicións debedoras.

As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % en concepto de comisión de estudo, ata o 1,00 % en concepto de comisión de aval, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado en concepto de aportación ao capital social da SGR, que se aboará ao inicio da operación. Estes importes poderán ser determinadas por anticipado para toda a vida da operación, e financiadas co propio préstamo. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

6) Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco. No caso de operacións de importe superior a 150.000 euros, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida.

As contragarantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais, pero en ningún caso depósitos de activos líquidos ou financeiros que poidan detraer liquidez da empresa. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración. No caso de operacións por importe superior a 300.000 euros, as SGR poderán tomar adicionalmente garantías reais.

* Disposición e utilización

O período de disposición e utilización dos fondos do préstamo iniciarase na data de formalización da operación e finalizará na primeira das dúas seguintes datas:

- Un ano desde a data de formalización.
- A primeira amortización

Inversiones o gastos computables

A titular deberá formalizar un préstamo a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou capital corrente.

Enténdese por investimentos produtivos a adquisición e/ou construcións dos seguintes elementos:

i. Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: Terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense:

- Os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran para obter rendas, plusvalías ou ambas.
- Investimentos financeiros.
- A adquisición de elementos de transporte nas empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada. A prestación dun servizo integrado no que a operación de transporte só sexa un elemento, como os servizos de mudanza, os servizos de correo postal ou de mensaxería, ou os servizos de recollida e transformación de residuos, non debe considerarse un servizo de transporte, e polo tanto non se aplica esta exclusión.

ii. Bens intanxibles como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso, e aplicacións informáticas.

Enténdese por capital corrente o pago dos seguintes conceptos de gasto: Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos; Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións; Pagamento de nóminas e seguros sociais; Gastos financeiros operativos e Primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

O préstamo poderá financiar tamén a comisión do aval así como as achegas ao capital das SGR.

Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas. Non obstante, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en aluguer e/ou en réxime de concesión administrativa.

Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e é inferior ao custo de bens novos similares.

Cuantía de las ayudas

O Igape reavalará ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido, mentres non se esgote a dispoñibilidade orzamentaria e mentres a beneficiaria non supere o seu límite de axudas de mínimis, un importe equivalente a 1,5 puntos porcentuais dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade de financiamento daquelas pemes cunha actividade especialmente afectada pola crise sanitaria e nas que se espera unha recuperación especialmente lenta, cuxos CNAE se relacionan no Anexo II, apartado a).

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de mínimis. De xeito xeral, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais e, para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas cuxa actividade estea encadrada no Regulamento de minimis específico do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios, co límite establecido para España no anexo I do Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro)

Referencia legislativa

Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG Nº122 do 29/06/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021
Resolución do 14 de xullo de 2021 (DOG Nº139 do 22/07/2021) - Adhesión entidade financeira

Información y tramitación en

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

* Tramitación:

As solicitudes de axuda presentaranse mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF (máx. 4 MB). Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante.

Xunto co formulario de solicitude, presentarase a seguinte documentación:
a) En caso de persoas xurídicas:

1º Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.
3º No caso de entidades obrigadas a formular, aprobar e depositar contas anuais, contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil- ou noutro rexistro, segundo proceda- correspondentes ao último exercicio pechado, xunto co informe de auditoría de ser o caso.

b) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente. Así mesmo as comunidades de bens deberán presentar o Anexo III de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.

c) A documentación específica, se é o caso, sinalada no Anexo I para cada liña de financiamento

d) Complementariamente poderá solicitarse a achega daqueloutra documentación xustificativa necesaria para avaliar o risco da operación e o seu axuste ás finalidades da axuda.

Unha vez rexistrada a solicitude, o Igape remitiralla á entidade de crédito e á SGR, a través da extranet de entidades colaboradoras.

Observaciones

O prazo máximo para a formalización da operación financeira, ou, no seu caso, para a adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión do Igape, será de 2 meses contados desde o día seguinte ao da data de notificación da concesión ao beneficiario.

Relación de entidades financeiras adheridas:

– Caixa Rural Galega
– Cajamar Caja Rural
– Abanca Corporación Bancaria, S.A.
– Banco de Sabadell, S.A.
– Bankinter, S.A.
– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.
– Caixabank, S.A.
Banco Santander, S.A.