El plazo de presentación finalizó el 31/12/2019

IG246 - PRESTAMOS IFI INNOVA

Finalidad / Objetivo

Apoiar financeiramente proxectos innovadores de pemes financiando activos tanxibles e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación.

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, en particular para as distintas modalidades de préstamo:

Obxectivo temático 01: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
Prioridade de investimento 01.b: fomento do investimento empresarial en I+i, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.
Obxectivo específico 01.02.01: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.
Actuación 1.2.1.3: instrumentos financeiros para a mobilización de capital privado.
Campo de intervención CE064: procesos de investigación e innovación nas pemes (incluíndo sistemas de vales, procesos, deseño, servizos e innovación social).

Tipos de apoyo

Contratos de préstamo que se instrumentarán entre o beneficiario e o Igape.

Beneficiarios potenciales

Sociedades mercantís pemes con proxectos innovadores, especialmente as de base tecnolóxica, principalmente semente e start-up, pero tamén aquelas pemes que, a pesar de teren unha traxectoria contrastada, desexan emprender proxectos innovadores, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Sectores incentivables

Todos, salvo os excluídos en art. 2.4 das bases reguladoras.

Non serán financiables os proxectos para actividades excluídas polo artigo 1 do Regulamento relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de mínimis, e polo artigo 3.3 do Regulamento (UE) 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional:

a) As axudas concedidas ás empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

1º cando o importe da axuda se fixe en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas,

2º cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútanse aos produtores primarios.

d) As axudas a actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, é dicir, as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

f) O desmantelamento ou a construción de centrais nucleares.

g) Investimento para lograr a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes de actividades enumeradas no anexo 1 da Directiva 2003/87/CE.

h) Fabricación, transformación e comercialización de tabaco e labores de tabaco.

i) Empresas en dificultades segundo a definición das normas da Unión sobre axudas de Estado.

j) Investimento en infraestruturas aeroportuarias, a non ser que estean relacionadas coa protección do medio ambiente ou vaian acompañadas dos investimentos necesarios para mitigar ou reducir o seu impacto negativo no medio ambiente.

Requisitos principales del proyecto

O proxecto deberá presentar un custo financiable superior a 71.500 euros.

Cualificación requerida del proyecto

1. Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme aos seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto: Deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos resultantes de sumar os seguintes valores:

1) Grao de innovación: máximo 90 puntos, valorando os aspectos de innovación do produto e/ou servizo e tecnolóxicos do produto/servizo obxecto do proxecto, capacidade de execución e vantaxes competitivas. A puntuación deste epígrafe realizarase con base nun informe emitido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
2) Financiamento bancario do proxecto: máximo 5 puntos.
3) A cualificación do proxecto como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (Iebt) polo órgano competente da Xunta de Galicia: 5 puntos.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo 3, cualificarase ao proxecto nunha das seguintes cinco categorías: “Excelente (AAA-A)”, “Boa (BBB)”, “Satisfactoria (BB)”, “Deficiente (B)”, ou “Mala/dificultades (CC)”.

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo 4, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: “Alta”, “Normal” e “Baixa”.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultantes de sumar os valores indicados no Anexo 1.1

Inversiones o gastos computables

1. Serán financiables os seguintes conceptos de gasto, de acordo co artigo 3:

a) Activos fixos materiais necesarios para o desenvolvemento do proxecto, tales como bens de equipamento, instalacións técnicas, equipamentos para procesos de información ou datos, instrumental, utensilios, moldes, etc.

b) Activos intanxibles, tales como patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual, así como software específico necesario para o proxecto.

c) Outros gastos en desenvolvemento e innovación, que incluirán:
– Custos de investigación contractual e custos de consultoría ou outros servizos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
– Materiais e consumibles necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
– Gastos de persoal dedicado ao desenvolvemento do proxecto (investigadores, desenvolvedores técnicos e demais persoal auxiliar).

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en aluguer e/ou en réxime de concesión administrativa.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, previa petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados cando se cumpran os seguintes requisitos:

a) que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e

b) o prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.

Cuantía de las ayudas

CONDICIÓNS DO PRODUTO FINANCEIRO

* Importes mínimo e máximo O importe mínimo dos préstamos que se concedan será de 50.000 euros e o máximo de 500.000 euros, correspondendo a un 70 % do importe total do custo do proxecto financiable.

* Prazos de amortización e de carencia O prazo de amortización será un máximo de 12 anos incluíndo unha carencia na amortización do principal adaptada ás características do proxecto e ao seu plan financeiro, cun máximo de 4 anos.

* Tipo de xuro:
– Tipo de referencia: será a media do euríbor a 1 ano do mes anterior á data da proposta de resolución de concesión do préstamo.
– Marxe adicional: será de 0,10 puntos porcentuais.
O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo

* Garantías: Para préstamos iguais ou inferiores a 200.000 euros non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da sociedade prestameira. Para importes superiores a 200.000 euros, o Igape tomará garantías en función da súa dispoñibilidade e das características do proxecto. As garantías puntuaranse cos criterios sinalados no anexo 4.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.

b) O 31 de decembro de 2019.

Unha vez finalizado o prazo non se admitirán máis solicitudes.

Incompatibilidades

As operacións financeiras concedidas ao amparo destas bases inclúen unha axuda implícita, equivalente ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria respecto dunha operación alternativa que poderían obter no mercado financeiro.

A subvención bruta equivalente en base á diferenza entre o tipo de xuros aprobado e os xuros de mercado recollerase no acordo de Concesión e serán determinados polo Igape coa metodoloxía descrita no Anexo 2. A beneficiaria aceptará a contía determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira da que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda. 2.

As subvencións implícitas das operacións de financiamento reguladas nas presentes bases, terán a consideración de axudas de mínimis.

A concesión destas axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial a da Unión Europea. Nestes termos serán compatibles con outras a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

a) O importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación. En particular, serán compatibles con outras axudas de mínimis, sempre que o importe total que se conceda a unha mesma empresa non supere 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 euros para as empresas que realicen por conta allea transporte de mercadorías por estrada.

b) O gasto financiado co cargo ao préstamo IFI non estea subvencionada por FEDER ou outro fondo ou instrumento da Unión. En ningún caso, ailladamente ou en concorrencia con outras axudas, poderá subvencionarse un gasto superior ao do custo total subvencionable do proxecto.

Non se poderán utilizar as operacións financeiras reguladas nestas Bases para prefinanciar outras subvencións. Non se utilizarán outras subvencións para reembolsar as operacións financeiras reguladas nestas bases.

Referencia legislativa

Resolución do 16 de outubro de 2017 (DOG Nº206 do 30/10/2017) - Bases reguladoras e convocatoria.
Resolución do 16 de outubro de 2017 (DOG Nº230 do 04/12/2017) - Corrección de erros
Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG Nº247 do 28/12/2018) - Modificación das bases
Resolución do 19 de xuño de 2020 (DOG Nº127 do 29/06/2020) - Ampliación de crédito

Información y tramitación en

1. Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir un a través de http://www.igape.es/gl/oficina-virtual

Unha vez xerada a solicitude deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica.

Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade do solicitante. O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación específica para esta liña:

– Acreditación da capacidade de financiamento da parte do proxecto non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
– Memoria do proxecto (co contido indicado nas bases).

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente na dirección da internet https://sedeelectronica.bde.es)

c) En caso de sociedades mercantís: 1º Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente. 2º Contas anuais correspondente ao último exercicio pechado. 3º Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) En caso de sociedades en constitución:
1º Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai a constituír.

2º Proxecto de estatutos da sociedade. Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. A tal fin, terá que ser presentada no Igape a escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, no prazo máximo dun mes desde a presentación da instancia de solicitude..

e) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

h) No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

i) Relación detallada dos investimentos a realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

j) Copia do contrato de aluguer/concesión das instalacións obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

k) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o 31 de decembro de 2020 nin o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria, conforme ao modelo do Anexo 5.2, xunto á documentación xustificativa do cumprimento de condicións para a disposición que se establecen no Anexo 1 para cada modalidade de préstamo, e no acordo individual de concesión.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo 5.2), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada e rexistrada, e será requisito que as garantías que, no seu caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá resolución anulando do compromiso pola parte non disposta e axustarase o importe da subvención bruta equivalente implícita no produto ao importe efectivamente utilizado.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pago dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión. 6. Para a parte dos fondos da operación destinados a financiar capital circulante, a beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, coa operativa sinalada no artigo 3.1.d.3.

6. Para a parte dos fondos da operación destinados a financiar capital circulante, a beneficiariaabrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, coa operativa sinalada no artigo 3.1.d.3.