El plazo de presentación finalizó el 09/11/2020

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA - SUBVENCIÓNS A EMPRESAS TITULARES DE ORQUESTRAS (TU500B)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a regulación da concesión de subvencións a empresas titulares de orquestras.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva. Axudas en réxime de minimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as entidades titulares de orquestras que teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, poderán ser beneficiaras das subvencións as agrupacións de entidades titulares de orquestras que teñan o seu domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos das entidades beneficiarias:

a) Estar constituídas de conformidade coa normativa vixente e ao día nas súas obrigas tributarias (facenda estatal e autonómica) e de Seguridade Social.

b) Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

c) Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Inversiones o gastos computables

1. Considéranse gastos subvencionables os derivados daqueles programas ou actividades que promovan o desenvolvemento e execución de verbenas, festas populares ou eventos con actuacións de orquestras que se van desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia ou fóra da nosa comunidade autónoma para a promoción do Xacobeo 2021, entendendo estas últimas como accións de especial promoción noutras CCAA.

2. En calquera caso, para os efectos previstos nestas bases, son gastos subvencionables os que respondan á natureza e obxecto da actividade subvencionada e se realicen desde o 1 de outubro de 2020 ata o 31 de outubro do 2021, en concreto terán a consideración de gastos subvencionables:

- Alugamento de equipos, locais, salóns, carpas e similares, e os relacionados coa organización das actuacións das orquestras como servizos audiovisuais, iluminación e megafonía, contratacións artísticas e de presentadores/condutores, traslados dos equipos e compoñentes das orquestras e similares; e os de produción e edición de materiais relacionados coa difusión e promoción dos eventos, tales como rotulación xeral, carteis, folletos, memorias, publicidade, material audiovisual, CDs, DVDs ou similares, difusión na internet e redes sociais.

- Gastos directos dos artistas, tales como salarios, viaxes, axudas de custo, manutención e aloxamento, así como gastos directos para a organización da programación.

- Calquera outro gasto relativo ás actividades e servizos incluídos no programa do evento.

Cuantía de las ayudas

Os proxectos e actuacións poderán acadar unha subvención de ata o 100 % sobre o orzamento do investimento subvencionable, en todo caso, o importe da axuda a cada entidade beneficiaria será dun máximo de 106.000 euros. A porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que acaden os proxectos presentados.

Establecerase un prezo por puntos correspondente a 400 euros/punto, para establecer o importe da subvención.

As solicitudes con puntuación inferior a 10 puntos non poderán obter subvención.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Referencia legislativa

Resolución do 6 de outubro de 2020 (DOG nº 205 do 09/10/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020 e 2021

Información y tramitación en

Información na Axencia Turismo de Galicia a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada e introducindo no buscador o código de procedemento.

c) Os teléfonos 981 54 63 60 e 981 54 63 64.

d) Enderezo electrónico fomento.turismo@xunta.gal