El plazo de presentación finalizó el 21/07/2011

SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INCENTIVAR A IMPLANTACIÓN E MELLORA DAS EMPRESAS DE TURISMO ACTIVO, AVENTURA, ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE (CT983K)

Finalidad / Objetivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto financiar os investimentos necesarios que permitan incentivar a implantación da oferta complementaria de turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias das subvencións as empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.

De ser o caso, e segundo a natureza do investimento ou actividade proxectada, as empresas acreditarán a titularidade dos espazos onde se pretenda desenvolver a actuación ou ben por calquera título válido en dereito ter unha disposición sobre eles que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública, e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e disfrute dos espazos.

Será requisito imprescindible para a concesión destas subvencións relativas a investimentos de mellora que a empresa solicitante teña inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia a actividade turística para a cal se solicita a axuda ou ben que a partir da entrada en vigor da modificación operada no artigo 28.4 da Lei 14/2008, do 3 de decembro de turismo de Galicia, presentase a declaración responsable de inicio da actividade e o compromiso a que se refire o sinalado artigo.

Sectores incentivables

Turismo

Inversiones o gastos computables

Considerase investimento subvencionable as actuacións dos proxectos que se citan a seguir:

Liña A) Investimentos para a mellora das infraestruturas para actividades hípicas, náuticas, golf e oferta turística complementaria.

Liña B) Investimentos para a redacción de proxectos para a creación de campos de golf.

Liña C) Investimentos para a adquisición e/ou renovación de activos fixos (bicicletas, piraguas, embarcacións, material golf, sendeirismo, centros BTT, etc.).

Liña D) Creación de novas ofertas e novos produtos así como a implementación de novas tecnoloxías para a xestión e comercialización do produto ofertado.

Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se emprendan para a reforma ou mellora dos establecementos ou infraestruturas obxecto desta orde como, se é o caso, a adecuación do contorno e os honorarios técnicos.

Están comprendidos nos proxectos de obras e son, por tanto subvencionables, todos aqueles bens de equipamento que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra. Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as devanditas condicións.

Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta orde a adquisición de terreos.

Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se executen unha vez confirmada pola Secretaría Xeral para o Turismo a súa elixibilidade. Os solicitantes recibirán comunicación escrita en que conste que o proxecto cumpre inicialmente as condicións de subvencionabilidade suxeita ao resultado final da súa verificación detallada, sempre que a solicitude se presente conforme o establecido nesta orde.

Cuantía de las ayudas

As axudas que se poden conceder aos proxectos que se recollen nesta orde como actuacións subvencionables poderán acadar as seguintes contías:

- Os proxectos do apartado a) ata un máximo do 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 150.000 €.

- Os proxectos do apartado b) ata un máximo do 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 60.000 €.

- Os proxectos do apartado c) ata un máximo do 30% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 20.000 €.

- Os proxectos do apartado d) ata un máximo do 40% do orzamento subvencionable. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 60.000 €.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible da actividade subvencionada. Estas axudas son incompatibles con outras financiadas con fondos europeos.

Referencia legislativa

Orde do 10 de maio de 2011 (DOG Nº118 do 21/06/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2011

Información y tramitación en

Información: Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos teléfonos 981 54 63 60, 981 54 74 06, 881 99 75 94

Páxina web oficial da Secretaría Xeral para o Turismo (www.sxturismo.org).

Observaciones

Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de novembro de 2011 para xustificar a anualidade de 2011 e ata o 30 de setembro de 2012