El plazo de presentación finalizó el 18/09/2008

SUBVENCIONS PARA PRODUCCIÓNS OU COPRODUCCIÓNS AUDIOVISUAIS EN LINGUA GALEGA

Finalidad / Objetivo

fomentar o desenvolvemento das industrias culturais na nosa comunidade autónoma, e de contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega.

Tipos de apoyo

Axudas a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, domiciliadas ao menos por un ano, previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que teñan, no momento do pagamento da axuda, sede efectiva da súa actividade, sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sectores incentivables

Sector audiovisual

Requisitos principales del proyecto

Dentro destas axudas pódense concorrer as seguintes categorías:

1. Longametraxes de ficción:

-Modalidade A: longametraxe cinematográfica.

-Modalidade B: óperas prima.

-Modalidade C: telefilmes.

2. Longametraxes documentais:

-Modalidade A: documentais de creación

-Modalidade B: documentais de difusión cultural

3. Longametraxes en soporte dixital

Só poderán presentarse dous proxectos por produtora segundo a modalidade e tres en toda a convocatoria.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos deberán superar os 60 puntos desagregados en contribución cultural 35 puntos, contribución creativa 10, emprego de recursos Galegos 7,5 e viabilidade do proxecto 7,5.

Inversiones o gastos computables

Considérase investimento subvencionable imputable ao proxecto o denominado custo de realización ou custo de negativo, que estará integrado pola suma dos gastos necesarios para a produción, ata a obtención da primeira copia estándar, excluídos impostos, gardando proporcionalidade coa cota total de coprodución dos coprodutores galegos.

Cuantía de las ayudas

Nestas categorías o investimento subvencionable son os seguintes:

1. Longametraxes de ficción:

-Longametraxe cinematográfica: ata o 30% cun máximo de 300.000 euros cegando a 400.000 en animación

-Operas prima: ata o 40% cun máximo de 300.000 euros

-Telefilmes: ata o 30 % cun máximo de 150.000 euros.

2. Longametraxes documentais:

-Documentais de creación: ata o 50%, cun máximo de 60.000 euros.

-Documentais de difusión cultural: ata o 50% cun máximo de 50.000 euros

3. Longametraxes en soporte dixital: ata o 60 % cun máximo de 100.000 euros

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

O importe das subvencións concedidas non poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas a través doutras administracións públicas, supere o 50% do investimento subvencionable ou as porcentaxes máximas de financiamento segundo o tipo de proxectos establecidas nas bases reguladoras.

Referencia legislativa

Orde do 6 de agosto de 2008 (DOG Nº158 do 18/08/2008) - Bases e convocatoria 2008

Información y tramitación en

Información adicional na Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (www.culturaedeporte.xunta.es/), na súa epígrafe de axudas e trámites.
b) Teléfono: 881 97 59 49.
c) Páxina web: www.axenciaaudiovisualgallega.org
d) Presencialmente

Observaciones

O prazo de xustificación para as subvencións de carácter anual rematará o 30 de novembro de 2008.