El plazo de presentación finalizó el 13/07/2016

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS OU INTERACTIVOS EN LINGUA GALEGA.

Finalidad / Objetivo

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais que contribúa a asegurar a madureza dos produtos audiovisuais galegos, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2016.

A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades establecidas na base seguinte, que se atopen en fase inicial de desenvolvemento, e que se prevexa que se levará a cabo nos exercicios 2016 e 2017.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

- Os beneficiarios deberán ter un contrato cun director e/ou un guionista para desenvolver algún proxecto dos tipos sinalados na base terceira.

- Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Así mesmo, quedan excluídos aqueles solicitantes que fosen beneficiarios de axudas nas convocatorias de subvencións da Agadic nos dous exercicios anteriores aos da presente convocatoria e incumprisen as bases ou as finalidades establecidas nela, sempre e cando fosen sancionados por iso. As condicións exixidas no punto 1 do presente artigo deberanse manter durante todo o período de execución do proxecto subvencionado. A perda dalgunha destas condicións suporá a perda da condición de beneficiario, e, se é o caso, o reintegro das cantidades percibidas.

Sectores incentivables

Sector audiovisual.

Requisitos principales del proyecto

Modalidades.

1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as seguintes:

a) Desenvolvemento de proxectos de longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais, cunha duración igual ou superior aos 60 minutos.

b) Desenvolvemento de proxectos de longametraxes e miniseries de ficción para televisión. As longametraxes deberán ter unha duración de sesenta minutos ou superior. As miniseries deberán ser de dous capítulos cunha duración mínima de 52 minutos cada un.

c) Desenvolvemento de proxectos de series de animación para televisión cunha duración mínima global de 130 minutos.

d) Desenvolvemento de proxectos de pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

Cuantía de las ayudas

O importe máximo da subvención concedida pola Agadic non poderá superar os seguintes límites:

a) 50 % do investimento subvencionable cando se trate de proxectos previstos para producir en lingua orixinal non galega.

b) 60 % do investimento subvencionable cando se trate de proxectos previstos para producir en lingua orixinal galega.

En todo caso, as cantidades máximas que se establecen segundo as modalidades de proxecto son as seguintes:

a) Desenvolvemento de longametraxes cinematográficas de ficción e animación: máximo 20.000 euros.

b) Desenvolvemento de longametraxes cinematográficas de documental: máximo 10.000 euros.

c) Desenvolvemento de longametraxes e miniseries de ficción para televisión: máximo 15.000 euros (longametraxes) ou 20.000 euros (miniseries).

d) Desenvolvemento de series de animación para televisión: máximo 20.000 euros.

e) Desenvolvemento de pilotos de programas para televisión: máximo 10.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

Estas subvencións son incompatibles con outras axudas para a mesma finalidade polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e dos seus organismos dependentes.

Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.

Referencia legislativa

Resolución do 31 de maio de 2016 (DOG Nº111 do 13/06/2016) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881996077 / 881996078 Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es