El plazo de presentación finalizó el 31/01/2022

MT975L - ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PREPARACIÓN PARA A REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS TÉXTILES RECOLLIDOS SEPARADAMENTE

Tipos de apoyo

Subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que for súa forma xurídica, que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerarase empresa, para os efectos das presentes bases reguladoras, toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica, incluídas as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro. Inclúense nesta definición, en particular, os autónomos, comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.

2. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no número 1 deste artigo, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o cal se solicita a axuda, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Unha empresa non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea e para a mesma actuación de maneira individual e a través dunha agrupación na cal se integre. De darse o caso, inadmitirase a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo. En cambio, si será posible que unha mesma empresa concorra a esta convocatoria de maneira simultánea para as dúas liñas subvencionables a que se refire o artigo 3, para o que deberá presentar unha solicitude para cada unha das liñas subvencionables, de ser o caso.

Requisitos principales del proyecto

Son liñas subvencionables as seguintes:

a) Liña 1: Proxectos de construción de novas instalacións de preparación para a reutilización de residuos téxtiles, así como de ampliación das existentes para incluír liñas de preparación para reutilización de residuos téxtiles recollidos separadamente.

b) Liña 2: Proxectos de construción de instalacións de reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente.

Referencia legislativa

Orde do 13 de decembro de 2021 (DOG Nº do 14/12/2021) - Bases reguladoras