El plazo de presentación finalizó el 20/02/2014

MT984B - AXUDAS ÁS PEMES PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PREVENCIÓN, PROTECCIÓN, MELLORA E COÑECEMENTO AMBIENTAL

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto regular a concesión de subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.

Tipos de apoyo

Axuda a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As pequenas e medianas empresas (pemes) que, cumprindo o establecido neste artigo, teñan o seu domicilio social ou algún dos seus centros no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa neste mesmo ámbito territorial no cal desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención.

En particular, para a realización de estudos de análise de riscos ambientais consideraranse beneficiarias unicamente as Pemes que, ademais de cumprir o establecido no punto anterior, estean incluídas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo).

Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, deberase facer constar os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios.

Non poderán obter subvención ao abeiro da presente convocatoria as persoas físicas ou xurídicas sancionadas por faltas graves ou moi graves ou condenadas por delito como consecuencia do incumprimento da normativa ambiental.

Quedarán excluídas aquelas persoas ou empresas incursas nalgún dos supostos recollidos no artigo 10.2º e 3º da Lei de subvencións de Galicia.

Sectores incentivables

Non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (CE) 104/2000, do Consello.
b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados
á actividade de exportación.
d) Carbón, segundo se define no Regulamento (CE) 1407/2002.
e) Empresas en crise.

No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non poderán concederse axudas para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

Requisitos principales del proyecto

Actuacións subvencionables

1. As actuacións as que van destinadas estas axudas refírense á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental que repercutan directamente sobre calquera ámbito de actividade da propia empresa solicitante e sempre que non resulten de obrigado cumprimento pola lexislación vixente.

En particular, cinco son os grupos de actuacións subvencionables:

a) Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire que se poidan encadrar nun dos tres subgrupos de actuacións que se sinalan a seguir:

a.1. Investimentos que produzan unha redución efectiva de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) considerados polo Protocolo de Quioto (CO2, CH4, N2O, HFC, PFC, SF6).

Con carácter xeral, teñen cabida neste punto, entre outros, os investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións á atmosfera de GEI, os investimentos para a mellora da eficiencia enerxética en calquera ámbito da actividade da entidade así como os investimentos para a substitución do tipo de combustible empregado pola entidade que implique modificacións de equipamentos e/ou instalacións, sempre que supoñan unha redución de GEI.

De xeito máis específico, son actuacións subvencionables as seguintes:

1. Investimentos en substitución de equipamentos e instalacións consumidoras de enerxía por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxías de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible, co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2.

2. Mellora das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria de potencia superior a 5 kW, xa existentes, así como melloras das instalacións destinadas ao quentamento dun fluido nun proceso industrial (caldeiras e xeradores de vapor, fornos, secadoiros por aire, outros), co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2, incluídas neste punto as melloras consistentes no emprego de enerxías renovables como a solar térmica ou a biomasa como combustible.

3. Investimentos en instalacións de xeración de enerxía eléctrica destinada ao propio consumo, a partir de fontes renovables (solar fotovoltaica, eólica, outras), ata unha potencia máxima instalada de 100 kW e que non exceda a demanda enerxética actual.

4. Medidas que teñan por obxecto acadar unha mellora enerxética e unha redución efectiva de emisións baseadas no emprego da coxeración.

5. Mellora da eficacia enerxética das instalacións de iluminación interior e exterior dos edificios existentes que se renoven, con excepción da destinada á iluminación de emerxencia, de rótulos luminosos e/ou sinalización, tales como:

– Luminarias, lámpadas e equipamento: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación.

– Sistemas de control de acendemento e regulación do nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo a cantidade de luz natural que supoñan un aforro eléctrico.

– Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

6. Investimentos para a substitución ou adaptación do vehículo para o transporte de mercadorías (sempre que, tratándose de transporte de mercadorías por estrada, este se realice por conta propia) ou pasaxeiros que supoñan unha redución de emisións polo emprego de enerxías alternativas (tales como gas natural, propano, electricidade). No caso da substitución de vehículos, será requisito indispensable para percibir a axuda que a entidade solicitante proceda a dar de baixa definitiva, dentro do prazo de execución, o vehículo obxecto da substitución.

7. Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.

a.2. Investimentos que supoñan unha mellora da calidade do aire e/ou unha redución ou mellora na medición das emisións distintas dos GEI.

En particular, son actuacións subvencionables:

– Os investimentos tecnolóxicos que supoñan unha redución de emisións á atmosfera distintas dos GEI.

– Os investimentos para a mellora da seguranza das plataformas de medicións en focos e a adaptación da sección de medición á norma UNE-EN 15259 (requisitos das seccións e sitios de medición e para o obxectivo, plan e informe de medición) así como os relativos á mellora e adquisición de equipamentos de medición en continua, SAM.

– Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.

b) Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos. Recóllense neste punto os investimentos que dean lugar a:

b.1. Unha reutilización de produtos ou materiais empregados.
b.2. Unha redución da cantidade de residuos industriais ou comerciais xerada.
b.3. Unha axeitada separación en orixe dos residuos xerados.
b.4. A reciclaxe ou calquera outra forma de aproveitamento posterior dos residuos xerados pola entidade.
b.5. A introdución de mellores tecnoloxías aplicadas á xestión e uso sustentable dos recursos e dos residuos.
b.6. Calquera outra actuación ou investimento relacionado co obxecto deste punto.

c) Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais.

Recóllense aquí aquelas actuacións dirixidas á realización de estudos de análise de riscos ambientais en instalacións industriais incluídas no ámbito de aplicación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo).

d) A implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Serán actuacións subvencionables ao amparo deste punto:

d.1. Os traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS e rexistro da entidade solicitante.
d.2. Os traballos de verificación e validación que sexa necesario realizar para a renovación no rexistro cada tres anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.

Cómpre sinalar que, en relación con esta alínea d), non se considerarán actuacións subvencionables as medicións, análises e estudos.

e) Auditoría para a determinación da pegada de carbono corporativa ou dun produto da empresa, incluída a consultoría de determinación e a verificación.

Inversiones o gastos computables

1. O período subvencionable abranguerá os gastos relativos ás actuacións subvencionables a que se refire o artigo 4 realizados pola entidade solicitante:

– Entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2014, ambos inclusive, para as seguintes actuacións subvencionables:

• Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade do aire (art. 4, punto 2º, alínea a).

• Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2º, letra b).

• Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2º, letra c).

• Auditoría para a determinación da pegada de carbono en produto (art. 4, punto 2º, letra e).

– Entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2014, ambos inclusive, no tocante ás actuacións para:

• Implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS) (art. 4, punto 2º, letra d).



Cuantía de las ayudas

a) Para investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera e mellora da calidade do aire:

– Ata un 40 % dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 60.000 €.

b) Para investimentos das empresas solicitantes destinadas á xestión dos recursos e dos residuos:

– Ata un 60 % dos custos totais subvencionables do proxecto cun límite máximo de 90.000 €.

c) Para a realización dos estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais:

– Ata un 60 % do custo da análise de risco ambiental, cos seguintes límites en función dos criterios de valoración fixados no artigo 10:

• Ata 40 puntos: 3.000 euros.
• Entre 41 e 80 puntos: 4.000 euros.
• Máis de 80 puntos: 5.000 euros.

d) Para a implantación e mantemento do Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS):

– Ata un 60 % do custo da implantación e verificación, para os beneficiarios que realicen a implantación e inscrición no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais, sempre que non partan dunha norma ISO 14.001 ou supoña unha ampliación do ámbito ou alcance do sistema de xestión e auditoría ambientais, cos seguintes límites en función dos criterios de valoración fixados no artigo 10:

• Ata 40 puntos: 3.000 euros.
• Entre 41 e 80 puntos: 4.000 euros.
• Máis de 80 puntos: 5.000 euros.

– Ata un 60 % do custo da implantación e verificación cando a entidade parta dunha norma ISO 14.001 ou supoña unha ampliación do ámbito ou alcance do sistema de xestión e auditoría ambientais así como cando se trate de verificación para a renovación do rexistro, cos seguintes límites en función dos criterios de valoración fixados no artigo 10:

• Ata 30 puntos: 1.000 euros.
• Entre 31 e 65 puntos: 2.000 euros.
• Máis de 65 puntos: 3.000 euros.

e) Para a auditoría que teña por obxecto a determinación da pegada de carbono da organización ou dun produto da empresa, ata un máximo do 60 % de gasto subvencionable, incluídos os gastos de consultoría para a súa determinación e verificación, cos seguintes límites en función dos criterios de valoración fixados no artigo 10:

• Ata 45 puntos: 3.000 euros.
• Entre 46 e 90 puntos: 4.000 euros.
• Máis de 90 puntos: 5.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

As axudas que se concedan ao abeiro desta orde terán a consideración de axudas de minimis

Estas axudas serán compatibles con outras que, para a mesma finalidade, concedan outras administracións públicas sempre e cando estas últimas non estean cofinanciadas tamén polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, por calquera outro fondo ou instrumento financeiro comunitario e o importe total das axudas non supere, illadamente ou conxuntamente con outras, nin o custo elixible do proxecto, de acordo coa normativa sobre gastos subvencionables nin o custo total da actividade que se vaia desenvolver.

Referencia legislativa

Orde do 23 de decembro de 2013 (DOG Nº12 do 20/01/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

SECRETARIA XERAL DE CALIDADE E AVALIACION AMBIENTAL

SUBDIRECCION XERAL DE COORDINACIÓN AMBIENTAL

SERVIZO DE APOIO TÉCNICO AMBIENTAL
San Lázaro, s/n
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981541723 / 981541734 Fax: 981541714

Tramitación:

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I) https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

2. Será admisible unha única solicitude por empresa que deberá ter por obxecto unha única actuación subvencionable, en caso contrario excluirase sen máis.

Observaciones

A data límite para dar cumprimento, por parte do beneficiario, da obriga de xustificación da subvención e solicitar o pagamento da subvención outorgada será o 30 de novembro de 2014.