El plazo de presentación finalizó el 19/01/2009

SUBVENCIÓNS PARA A ADHESIÓN E MANTEMENTO DUN SISTEMA COMUNITARIO DE XESTIÓN E AUDITORÍA AMBIENTAIS (EMAS)

Finalidad / Objetivo

Estas subvencións concederanse para apoiar o proceso de implantación e mantemento dun sistema de xestión ambiental en empresas e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro e a súa posterior adhesión ao sistema comunitario EMAS.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido

Beneficiarios potenciales

1. Poderán acollerse a estas subvencións:
-As empresas, organizacións e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.
-As entidades locais.
-As entidades locais e as empresas ou entidades adheridas e rexistradas no sistema comunitario EMAS que teñan que realizar a verificación trianual para renovar a súa permanencia no rexistro. Para estes efectos terase en conta a data de inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Medioambiental, dependente da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e non a de verificación.

2. As entidades locais, as empresas e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que implanten por fases o sistema de xestión ambiental EMAS, solicitarán as subvencións no exercicio económico no que se produza a verificación da declaración ambiental por verificador oficialmente acreditado.

Sectores incentivables

Sectores excluídos:

Esta orde de subvencións acóllese ao Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOCE L nº 379, do 28 de decembro de 2006).

Requisitos principales del proyecto

Os solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o seu enderezo social ou algún dos seus centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializar o proxecto obxecto da subvención no ámbito territorial de Galicia.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Non ter contraídas débedas coa Xunta de Galicia.
d) Posuír personalidade xurídica propia, suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

Inversiones o gastos computables

1. As accións financiables segundo o disposto nesta orde son:

-Os traballos de consultoría, verificación e validación realizados para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS e rexistro da empresa ou entidade solicitante.
-Os traballos de verificación e validación que sexa necesario realizar para a renovación no rexistro, cada tres anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.

2. Exclúense as medicións, análises e estudos.

Cuantía de las ayudas

a) Ata un máximo do 75% do custo da implantación e verificación (custo total) para os beneficiarios que implanten e se rexistren no sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental EMAS.
b) Ata un máximo do 75% do custo da verificación para renovación do rexistro.
c) Ata un máximo do 50% do orzamento cando a verificación se realice partindo da norma ISO 14001, cun importe máximo de 2.500 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo establecido será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

A subvención contida nesta orde é compatible con outras subvencións de calquera Administración pública. O importe das subvencións non poderá, en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.

Referencia legislativa

Orde do 15 de febreiro de 2008 (DOG Nº39 do 25/02/2008) - Bases reguladoras e convocatoria 2008.
Orde do 15 de febreiro de 2008 (DOG Nº42 do 28/02/2008) - Corrección de erros
Orde do 9 de decembro de 2008 (DOG Nº246 do 19/12/2008) - Bases e convocatoria 2009

Información y tramitación en

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible - Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
Teléfono de Información: 981 541797 / 981541052 / 981541046

O modelo de solicitude e demais anexos desta orde están dispoñibles na páxina web desta consellería no seguinte enderezo: http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp

Observaciones

As actuacións realizadas ao abeiro desta orde e que teñan por obxecto a implantación dun sistema de xestión ambiental, non se poderán iniciar antes do 1 de decembro de 2008, e deben estar finalizadas antes da data límite de xustificación.