El plazo de presentación finalizó el 14/07/2004

FOMENTO DE MELLORA DA CALIDADE NA COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS SILVÍCOLAS

Finalidad / Objetivo

Incentivar melloras nos medios de produción e melloras na calidade empresarial.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido.

Beneficiarios potenciales

Empresas do sector forestal, comunidades de montes veciñais en man común ou agrupacións, legalmente constituídas, de propietarios forestais con máis de 100 ha arboradas.

Sectores incentivables

Sector forestal.

Requisitos principales del proyecto

As actuacións subvencionables consistirán en investimentos produtivos en activos fixos relativos a operacións de aproveitamentos forestais, acondicionamento e transformación de produtos forestais (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais e residuos forestais do monte). No relativo á madeira, só se contemplarán as operacións anteriores ao serrado industrial da madeira, así como investimentos en serras realizadas por empresas de activo, radicadas no contorno rural, con menos de 10 empregados e plans, proxectos, estudos e programas, orientados á mellora da cualificación empresarial.

Cualificación requerida del proyecto

Non se require cualificación específica.

Inversiones o gastos computables

Investimentos en activos fixos produtivos: bens de equipo, equipos persoais de seguridade para o traballo no monte, procesadoras, autocargadores e arrastradores forestais, así como as adaptacións e utensilios, equipos tractocargadores completos, apeiros e instrumentos forestais, góndolas, camións e plataformas para o transporte da madeira ou biomasa, instrumentos de medición de masas forestais, básculas, obra civil, maquinaria e instalacións.
Plans e ferrramentas de xestión empresarial: consideraranse os servizos externos de diagnóstico, seguimento e certificación para a realización das seguintes actuacións: adaptación das instalacións á normativa de seguridade industrial e laboral, plans empresariais de prevención de riscos laborais, plans correctores e preventivos de riscos ambientais, e implantación de códigos ou normas de boas prácticas ambientais, implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial e a preparación do proceso produtivo para unha futura adaptación á cadea de custodia da madeira certificada, e/ou normativa de calidade.

Cuantía de las ayudas

Os investimentos en bens de equipo terán unha subvención básica dun 30%, que poderá incrementarse ata o 40% (30% para as empresas que non cumpran a condición de peme).
Os investimentos de plans e ferramentas de xestión empresarial subvencionaranse cunha axuda dun 45%.
A axuda máxima por solicitante limitarase a 180.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

40 días naturais a partir da data de publicación no DOG (28/05/2004).

Incompatibilidades

As axudas serán compatibles con calquera outra destinada aos mesmos fins procedente de administracións públicas, salvo fondos comunitarios distintos do FEOGA, ata un límite de subvención neta equivalente do 40%, 55% para as pemes.

Referencia legislativa

ORDE DO 14 DE MAIO DE 2004. (D.O.G.A. 28.05.04)

Información y tramitación en

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN: DIRECCIÓN XERAL DE MONTES E INDUSTRIAS FORESTAIS. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBENTE. TELÉFONO: 981546109.



Observaciones

Seleccionaranse en primeiro lugar, os plans e ferramentas de xestión empresarial e despois as solicitudes que consistan en investimentos en activos fixos produtivos, logo as obras civís e en último lugar os camións.
A dispoñibilidade orzamentaria asignada a cada convocatoria limitará o número de expedientes a aprobar.
O 35% do cadro de persoal da empresa debe ter contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de conseguir, como mínimo o 35% de estabilidade laboral ao final do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. En caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral mínima esixida reducirase ao 33%.
Non será subvencionable:
A adquisición de terreos e mobiliario.
A adquisición de maquinaria usada.
Os tributos recuperables polo beneficiario, como o IVE.
A renovación de maquinaria que non implique melloras tecnolóxicas, produtivas ou de seguridade. Considerarase neste caso o diferencial de custo.
Os gastos de reparación e mantemento.
Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.
Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios
Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro do presente programa operativo así como os investimentos en instalacións fixas e obra civil sen constancia oficial de non terse iniciado anteriormente.
Investimentos destinados ao comercio retallista.
Investimentos e actuacións con axudas financiadas con fondos comunitarios distintos do Feoga.