El plazo de presentación finalizó el 18/04/2014

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS PARA O USO DAS TIC´s (MR706A)

Finalidad / Objetivo

Potenciar o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións por parte das empresas de menos de 10 traballadores que estean situadas nas áreas rurais de Galicia.

As axudas están destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

As empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que acrediten coa solicitude de axuda o cumprimento dos seguintes requisitos:

1º. Ter domicilio e/ou alta fiscal dentro do territorio rural galego (artigo 2.b)

2º. Dispor de menos de 10 traballadores no cadro de persoal, incluindo os de alta no Réxime xeral da Seguridade Social e os que deban estar no Réxime especial de traballadores autónomos, e non superar os 2 millóns de euros para o volume de negocio anual ou o balance xeral anual.

3º. Dispor de contrato de conexión a internet de alta capacidade ou estar en condicións de dispor de conexión antes da data límite de xustificación da subvención.

Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principales del proyecto

Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que se lle concedeu a axuda.

d) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

e) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

f) Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar pola comisión de infraccións en materia de subvencións.

Inversiones o gastos computables

Gastos subvencionables:

1º. Equipos electrónicos da rede de datos de área local (LAN) da empresa: ordenadores servidores da rede, equipos de comunicacións en rede de cobre ou óptica (switches, routers, amplificadores etc.), equipos de comunicacións de rede sen fíos (puntos de acceso, concentradores etc).

2º. Equipos para a seguridade da rede de datos da empresa: dispositivos fixos de almacenamento da información e barreiras de seguridade (firewalls).

3º. Elementos do cableado estruturado: cable de datos trenzado, fibra óptica, tomas de rede, armarios bastidores, sistemas de alimentación ininterrompida (SAI) nos bastidores, certificacións da rede de cobre ou óptica.

4º. Subministración e instalación de licenzas de software no equipamento hardware do solicitante.

Gastos non subvencionables:

1º. Páxinas web.
2º. Licenzas de software ofimático (procesador textos, cálculo, presentacións, fotografía, debuxo).
3º. Elementos de usuario (ordenadores persoais, SAIs de usuario, terminais móviles, tabletas PC, cámaras de vídeo ou fotografía etc.) e outros equipos de uso individual ou compartido (impresoras, fotocopiadoras, escáner etc.).
4º. Elementos de rede de datos, cableado e rede sen fíos que non sexan para uso exclusivo e interno da empresa solicitante.
5º. Elementos funxibles ou removibles (discos, cintas etc.) ou gastos xerais.
6º. Servizos de mantemento ou garantía adicional sobre os elementos adquiridos.
7º. Conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.
8º. Calquera gasto respecto do cal non sexa posible identificar o alcance concreto deste,
tipo de subministración, características técnicas diferenciadoras, ou no que figuren incluídos e sen cuantificar outros gastos non subvencionables.

Cuantía de las ayudas

A intensidade da axuda será como máximo do 50 % dos investimentos subvencionables recollidos na solicitude, e ata un máximo de 30.000 euros de subvención por beneficiario.

Os proxectos admitidos recibirán unha porcentaxe de subvención en función dos puntos obtidos na valoración, segundo os criterios recollidos nestas bases.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo gasto ou investimento, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...).

Tamén serán incompatibles con outras axudas encadradas en calquera dos outros eixes do PDR.

Igualmente, os préstamos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), aínda sendo compatibles para un mesmo proxecto, son incompatibles para un mesmo gasto específico.

Coa excepción anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 50 % do importe elixible do proxecto.

Referencia legislativa

Resolución do 22 de abril de 2013 (DOG Nº 87 do 07/05/2013) - Bases reguladoras
Resolución do 27 de febreiro de 2014 (DOG Nº53 do 18/03/2014) - Convocatoria 2014

Información y tramitación en

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través das seguintes canles:

a) Páxina web oficial de Agader (http://agader.xunta.es), na súa sección «liña de axudas».
b) O teléfono 981 54 73 82 de Agader.
c) Presencialmente, nas dependencias de Agader, no lugar da Barcia, nº 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela.

Observaciones

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será o 30 de xuño de 2014.

O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 30 de agosto de 2014.