El plazo de presentación finalizó el 20/07/2012

AXUDAS A PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA

Finalidad / Objetivo

Establecer as normas para a presentación, selección e subvención, en réxime de concorrencia competitiva, de proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, que se promovan co obxectivo último de potenciar o desenvolvemento equilibrado do territorio e de favorecer a xeración de actividade e incrementar o nivel de renda da poboación.

Tipos de apoyo

Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva. As subvencións centraranse nas seguintes medidas:

1. Fomento de actividades turísticas.
2. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
3. Conservación e mellora do patrimonio rural.

Requisitos principales del proyecto

Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non está iniciado na data de solicitude da axuda, ben cunha acta notarial que reflicta, de forma que faga fe, o non inicio da obra ou instalación, ou ben cunha acta de non inicio levantada por Agader por petición do interesado. Non obstante, consideraranse subvencionables os gastos realizados con anterioridade á solicitude, para o fornecemento de máquinas, aparellos ou materiais de construción, sempre que a montaxe, instalación ou incorporación in situ non tivese lugar antes da presentación da solicitude ou do levantamento da acta de non inicio, así como os gastos correspondentes a honorarios técnicos, estudos de viabilidade e adquisición de patentes.

2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

4. Que sexan viables financeiramente.

5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

6. Que se axusten ás especificacións indicadas para cada medida e tipo de proxecto nas presentes bases.
nas presentes bases.

7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave.

Cualificación requerida del proyecto

* Fomento de actividades turísticas.

Constitúe o obxecto desta medida:
- A consolidación e mellora da oferta turística e as infraestruturas turísticas nas zonas rurais, apoiando actuacións que contribúan a crear condicións favorables para o desenvolvemento das iniciativas empresariais no sector.
- A posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e paisaxística das zonas rurais.

Beneficiarios:
Asociacións, fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro interesadas en promover actividades turísticas no medio rural.
Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Actividades subvencionables:
1. Creación e desenvolvemento de produtos e servizos turísticos.
2. Accións de promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos.
3. Infraestruturas turísticas de pequena escala dirixidas á información, atención e recepción de visitantes
4. Adecuación, acondicionamento e equipamento de espazos naturais para a práctica do deporte

* Servizos básicos para a economía e a poboación rural.

O obxecto desta medida é apoiar a implantación e mellora dos servizos á poboación rural, en especial daqueles que respondan ás novas necesidades dos habitantes e empresas das áreas rurais.

Beneficiarios:
Asociacións, fundacións, comunidades veciñais de montes en man común e entidades privadas sen ánimo de lucro. Asociacións e confederacións de empresarios. Concellos e mancomunidades de concellos consorcios e entidades dependentes das anteriores con
participación maioritaria dos concellos.

Actividades subvencionables:
1. Proxectos sen ánimo de lucro dirixidos á implantación e mellora de servizos asistenciais, culturais, educativos, recreativos, deportivos e de lecer.
2. Proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxía renovables. Os proxectos limitaranse ao uso da enerxía solar fotovoltaica ou térmica.
3. Medios de transporte para a prestación de servizos necesarios para o desenvolvemento do proxecto ou para cubrir necesidades de áreas con baixa densidade de poboación.
4. Proxectos de creación e desenvolvemento de centros de servizos para empresas, outras infraestruturas para redes de cooperación e servizos entre empresas, así como equipamentos a pequena escala que faciliten a implantación ou mellora de empresas en ámbitos rurais, fomentando en especial a redución da fenda dixital e a implantación de novas tecnoloxías.

* Conservación e mellora do patrimonio rural.

O obxecto desta medida é favorecer a conservación e a valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais. Preténdese apoiar a preservación da calidade paisaxística e da diversidade biolóxica, así como incentivar a conservación e a valorización dos elementos patrimoniais e culturais das zonas rurais.

Beneficiarios.
Asociacións, fundacións e outras entidades privadas sen ánimo de lucro. Comunidades de montes veciñais en man común.

Actividades subvencionables.
1. Centros de interpretación da natureza e proxectos relacionados coa restauración, mellora e posta en valor do patrimonio natural.
2. Proxectos relacionados coa restauración, mellora e posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural: museos, posta en valor de recursos arqueolóxicos (exceptuando a intervención arqueolóxica sobre o ben) e a recuperación de construcións de interese arquitectónico, etnográfico e cultural.

Inversiones o gastos computables

A expensas do establecido na normativa específica de cada medida, con carácter xeral serán subvencionables os seguintes conceptos:

1. Construción ou mellora de inmobles. Os bens inmobles só poderán utilizarse en relación cos obxectivos do proxecto.
2. Adquisición de terreos non edificados, ata un máximo do 10% do gasto subvencionable, e adquisición de edificios xa construídos e os terreos sobre os que se asentan, ata un máximo do 25% do gasto subvencionable.
3. Adquisición de maquinaria, aplicacións informáticas, equipamento e material non funxible necesarios para o desenvolvemento da actividade, ata o valor de mercado.
4. IVE non recuperable cando sexa custeado de forma efectiva e definitiva por beneficiarios distintos das persoas que non son suxeitos pasivos.
5. Custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen, entendendo por tales: honorarios de redacción de proxectos e de dirección de obra. O importe total dos custos xerais non poderá superar o 10% do gasto subvencionable.
6. Páxinas web, sempre que acheguen a árbore co seus contidos, utilicen dominios de segundo nivel (.com, .org, .net, .es., info, .nom, etc) debidamente reservados e acheguen o compromiso de reserva durante os cinco anos posteriores á data da resolución de pagamento final, e estean aloxadas nun servidor (Hosting), puntos todos estes que deberán acreditar de modo fidedigno.
7. Medios de transporte. Só se subvencionarán medios de transporte imprescindibles para a prestación de servizos necesarios para o desenvolvemento do proxecto. Estes medios dirixiranse só ao transporte de persoas.
8. Achegas en especie, que se limitarán a man de obra voluntaria non remunerada e traballos realizados con maquinaria propia.
O máximo autorizado para man de obra voluntaria non remunerada será de 10 €/hora.

Cuantía de las ayudas

* Fomento de actividades turísticas.
A intensidade da axuda será como máximo do 75%. A contía da axuda non superará o importe máximo de 200.000 € por proxecto.

* Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
A intensidade máxima da axuda poderá alcanzar ata o 100% para as entidades públicas e ata o 75% para outros beneficiarios. A contía da axuda non superará o importe máximo de 200.000 € por proxecto, agás para os proxectos de enerxías renovables que non superarán os 120.000 €.

* Conservación e mellora do patrimonio rural.
Por tratarse de actuacións de conservación do patrimonio natural e cultural que non presentan carácter produtivo, poderán alcanzar una intensidade de axuda pública de ata o 100%. A contía da axuda non superará o importe máximo de 200.000 € por proxecto.

Plazo de presentación de solicitudes

45 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Incompatibilidades

As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...). Tamén serán incompatibles con outras axudas encadradas en calquera dos outros eixes do PDR. Igualmente, os préstamos do Banco Europeo de Inversiones (BEI), aínda sendo compatibles para un mesmo proxecto, son incompatibles para un mesmo gasto específico.

Coa excepción do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100% do importe do proxecto.

Aqueles beneficiarios das axudas que en 30 de xuño de 2012 non renunciasen expresamente a elas e non executasen nin xustificaran o proxecto, sen causa debidamente xustificada e comunicada a Agader, quedarán excluídos das dúas seguintes convocatorias para proxectos dinamizadores.

Referencia legislativa

Resolución do 23 de maio de 2011 (DOG Nº112 do 13/06/2011) - Bases reguladoras e convocatoria 2012.
Resolución do 11 de maio de 2012 (DOG Nº106 do 05/06/2012) - Convocatoria 2012.
Resolución do 12 de febreiro de 2013 (DOG Nº37 do 21/02/2013) - Modificación da convocatoria 2012

Información y tramitación en

Poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web de Agader http://agader.xunta.es
b) No teléfono 981 54 73 82.
c) Presencialmente, previa cita no teléfono 981 54 73 82.

Observaciones

O prazo límite para a execución e xustificación dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados correspondentes á anualidade 2013 será o 30 de agosto de 2013.

O prazo límite para a execución e xustificación da anualidade 2014 será o 30 de abril de 2014.