El plazo de presentación finalizó el 27/04/2005

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS INNOVADORES DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Finalidad / Objetivo

Poderán subvencionarse, en réxime de concorrencia competitiva, os proxectos innovadores de desenvolvemento rural presentados polos grupos de acción local de Galicia (en adiante, GAL) beneficiarios dos programas Leader+, Proder II e Agader, en colaboración con entidades públicas ou privadas que, en calquera sector de actividade, promovan a valorización e explotación dos recursos endóxenos dos territorios rurais.

Tipos de apoyo

Subvención.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases os grupos de acción local de Galicia que sexan beneficiarios dun programa desenvolvemento rural Leader+, Proder II ou Agader, que presenten e promovan un proxecto innovador de desenvolvemento rural en colaboración con entidades públicas ou privadas, das que necesariamente unha delas será un departamento da Xunta de Galicia, organismo autónomo ou ente de dereito público da Administración autonómica galega.

Son GAL beneficiarios do programa Leader+ os referidos como tales na Resolución do 23 de novembro de 2001, pola que se fai público o resultado do proceso de selección para a concesión de subvencións no marco da iniciativa comunitaria Leader+ (DOG nº 238, do 11 de decembro), e que asinaron os respectivos convenios de colaboración co Organismo Intermediario.

Son GAL beneficiarios dos programas Proder II ou Agader os referidos como tales na Resolución do 29 de xullo de 2002, pola que se fai público o resultado do proceso de selección para a concesión de axudas aos programas de desenvolvemento rural de Galicia e a modificación dos cadros de financiamento correspondentes aos GAL beneficiarios da convocatoria Leader+ (DOG nº 165, do 28 de agosto), e que asinaron os respectivos convenios de colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no caso do programa Proder II, e coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no caso do
programa Agader.

A colaboración entre os GAL e as demais entidades públicas ou privadas, para a posta en marcha dos proxectos, deberá artellarse mediante a subscrición dun único convenio de colaboración, cuxo contido deberá referir, ademais da identificación do proxecto e obxectivos perseguidos, as funcións e, de ser o caso, os compromisos financeiros e os custos financeiros que asume cada entidade colaboradora en relación co proxecto.

Requisitos principales del proyecto

Poderán subvencionarse proxectos de natureza non produtiva que cumpran os seguintes requisitos:
-Que presenten un carácter innovador, de xeito que formulen novas respostas a problemas existentes no territorio de actuación do GAL. O carácter innovador do proxecto describirase atendendo a algún, ou algúns, dos aspectos seguintes:
a) Aparición de novos produtos ou servizos que incorporen trazos específicos locais.
b) Utilización de novos materiais, novas enerxías, novas cualificacións profesionais ou novas formas de organización empresarial.
c) Novas formas de explotación dos recursos naturais.
d) Novos métodos que permitan combinar entre si os recursos humanos, naturais e financeiros do territorio que teñan como consecuencia unha explotación máis eficaz do potencial endóxeno.
-Que teñan un efecto dinamizador ou demostrativo no territorio no que se pretenda implantar.
-Que teñan unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades da poboación da comarca.
-Que teña carácter transferible, no sentido de que os resultados derivados do proxecto se poidan trasladar a outros territorios da comunidade autónoma.
-Que sexan viables e sustentables, de xeito que se acheguen especificacións técnicas e financeiras suficientes e que as súas repercusións continúen logo do cesamento das axudas.
-Que se desenvolvan na zona de actuación do GAL, definida como tal nos convenios de colaboración asinados o 16 de outubro de 2002 entre o GAL, Agader e o Organismo Intermediario, no caso da iniciativa comunitaria Leader+, entre o GAL, Agader e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no caso do programa Proder II, e entre o GAL e Agader no caso do programa Agader.
-Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude de axuda e sexan executados dentro do prazo sinalado na convocatoria.
-Que non teñan cabida en ningunha outra liña de apoio sectorial dos distintos departamentos, organismos ou entidades das administracións públicas.
-Que sexan compatibles e complementarios coas intervencións derivadas do programa comarcal que o GAL está a desenvolver no marco dos programas Leader+, Proder II ou Agader.

Inversiones o gastos computables

Poderán concederse subvencións para o financiamento dos seguintes conceptos, sempre que sexan directamente imputables ao proxecto, tales como:
a) Gastos de consultoría e asistencia técnica necesarios para a realización de estudos, proxectos de investigación, proxectos técnicos, diagnoses, planos, etc.
b) Gastos de investimento en activos fixos que se consideren imprescindibles para a execución do proxecto, que comprende tanto os activos fixos materiais (terreos, urbanización e acometida de servizos, obra civil, maquinaria, bens de equipo, etc.), como os activos de carácter intanxible (adquisición de propiedade intelectual e industrial).
c) Axudas de custo, de acordo cos conceptos e importes máximos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, para o persoal do grupo II.

Quedan expresamente excluídos:
a) Gastos habituais de funcionamento do GAL e das demais entidades que colaboran no proxecto.
b) Custos do persoal contratado para a realización do proxecto.
c) Xuros debedores das contas bancarias, xuros, recargas e sancións administrativas e penais, e os gastos derivados de procedementos xudiciais vinculados ao proxecto.

Cuantía de las ayudas

O importe da subvención que pode corresponder a cada proxecto virá determinado polo resultado obtido logo da súa valoración, de acordo cos criterios establecidos nestas bases, co límite máximo de 60.000 euros por proxecto.
En ningún caso poderá destinarse ao financiamento destes proxectos os fondos adxudicados aos GAL para a xestión dos programas Proder II, Leader+ ou Agader.
En todo caso, a concesión da axuda limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Plazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 40 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. (ata o 27/04/2005)

Incompatibilidades

O importe acumulado das axudas que se poidan conceder ao abeiro desta convocatoria, das axudas e achegas das demais entidades colaboradoras, e doutras axudas concedidas para a realización do proxecto poderá acadar ata o 100% do investimento subvencionable.
O importe total das axudas en ningún caso poderá ser de contía tal que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Referencia legislativa

Resolución do 9 de marzo de 2005 (DOG Nº54 do 18/03/2005)

Información y tramitación en

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, sita na avda. do Camiño Francés, nº 10-baixo, Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro da LRXAP, e deberán dirixirse á Dirección Xeral de Agader.
Teléfono: 981547354