SEMINARIO DE INTERNACIONALIZACIÓN: OPORTUNIDADES E TENDENCIAS NO SECTOR AGROALIMENTARIO EN CHINA
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizan conxuntamente o seminario "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentatio en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas", que terá lugar o martes día 23 de xuño de 2015, a partir das 10.00 horas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).
Este seminario está dirixido a todas aquelas empresas que xa teñan certa experiencia no mercado chinés ou que, pola contra, desexen aproximarse nestes momentos a este país, e convócase co fin de ofrecer unha visión informativa sobre as novas tendencias no sector agroalimentario para 2015.
Este sector representa unha excelente oportunidade, cunhas exportacións en alza continuada e unha excelente percepción do produto importado por parte do consumidor chinés.
Contaremos nesta ocasión co testemuño dunha empresa importadora chinesa, para que ofreza o seu punto de vista sobre as súas necesidades como cliente e as súas expectativas en relación aos potenciais provedores galegos. Ofreceranse ademais recomendacións práctivas á hora de valorar unha posible entrada no mercado chinés. Entre elas, falarase con maior detalle de aspectos como:
- Zonas francas
- E-commerce
- Procura de socio comercial
Javier Bahut e Vivian Liang, director e analista da Plataforma Pexga en China respectivamente, e Ema Cai, Business Development Manager da empresa importadora Xangai Juerui Industry Co. Ltd., explicarán con detalle, a través de vídeo-conferencia, todas estas novidades e atenderán no tempo reservado para coloquio todas aquelas dúbidas e cuestións concretas que expoñan as empresas asistentes.
Consultar programa
As empresas interesadas en participar, deben remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es co asunto "Oportunidades e Tendencias no Sector Agroalimentatio en China: Experiencia dun Importador e Recomendacións Prácticas", indicando razón social da empresa, nome e cargo da persoa que acudiría en representación da mesma. Tamén poden adiantar dúbidas concretas que lles gustaría resolver durante o seminario para que, dentro do posible, poda ser atendida no encontro.
As prazas son limitadas e será imprescindible estar previamente rexistrado na web da Rede Pexga. Desde o Centro de Coordinación confirmarase por correo electrónico a inscrición. |
|
|
|