ENCONTRO DIXITAL: NOVA ANTENA EN LONDRES, OFICINA BREXIT E APOIOS Á INTERNACIONALIZACIÓN
O vindeiro luns 8 de marzo, a partir das 10.30h, terá lugar o encontro en liña Oficina Brexit e apoios á internacionalización das pemes, organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en colaboración coa Xunta.
Na xornada ofrecerase información sobre os servizos que ofrece a nova Antena Brexit, aberta en Londres co obxectivo de dar apoio ás empresas galegas con intereses comerciais no Reino Unido.
A Antena Brexit forma parte da Oficina Brexit, programa posto en marcha pola Administración autonómica con ese obxectivo e que inclúe outras catro medidas: as axudas do Cheque Brexit, a ferramenta de autodiagnóstico que xa está en funcionamento, o Brexit Igape Responde e as accións de información e formación.
Ademais dos representantes da Antena Brexit en Londres, no encontro intervirán o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o director do Igape, Fernando Guldrís, e o presidente da CEP, Jorge Cebreiros.
Programa e inscricións
|
|
|
|