X SEMANA INTERNACIONAL CONTRACT GALICIA: DO 9 AO 11 DE DECEMBRO
A Xunta, a través do Igape, organiza a X Edición da Semana Internacional Contract, que este ano se celebrará en formato dixital do 9 ao 11 deste mes de decembro.
Na xornada inaugural do día 9 os asistentes poderán coñecer cal é a situación actual do sector contract galego; cales son as súas perspectivas nos mercados prioritarios, as novas necesidades e as solucións; e cales son as mellores estratexias para manter e mellorar o posicionamento internacional. Ademais, poderán participar nunha mesa de debate con relatores e empresas galegas.
Como en edición anteriores, durante o encontro as empresas galegas interesadas terán a oportunidade de manter reunións B2B con prescritores internacionais.
Máis información e inscrición
Máis información: eciciiplus@igape.es e 981 541 108
|
|
|
|