A Xunta en colaboración coa plataforma
exportadigital.es organizan o vindeiro
xoves 12 de novembro, a partir das
9.30 horas, un encontro en liña. Nesta xornada, responsables dos departamentos de vendas de empresas líderes en internacionalización dixital e do Clúster da Función Loxística de Galicia exporán ás empresas participantes claves para avanzar no comercio dixital nos mercados exteriores.
A Xunta, a través do Igape, mantén aberto ata o vindeiro 30 de novembro o prazo de solicitudes do programa
Galicia Exporta Dixital, que ten como obxectivo promover a expansión internacional dos tecidos produtivo e comercial galegos a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras.
Programa e inscriciónsAxudas Galicia Exporta Dixital