CICLO TECNOLOXÍAS 4.0: APLICACIÓNS PUNTEIRAS EN SECTORES ESTRATÉXICOS
O ciclo de encontros dixitais sobre tecnoloxías 4.0 organizado pola Xunta e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) segue a achegar ás empresas información sobre as aplicacións das tecnoloxías emerxentes.
Nos webinarios, expertos dos centros tecnolóxicos e de empresas galegas comparten tanto aplicacións punteiras xa existentes a nivel mundial como as potenciais a medida de cada sector. Emítense en directo por streaming e as persoas asistentes poden expor dúbidas ou cuestións.
Tras o primeiro dos encontros, dedicado á 5G, o vindeiro venres 6 de novembro, ás 12 h, terá lugar o segundo, dedicado á automatización e robótica colaborativa.
Estas son as datas dos restantes webinarios:
-
Intelixencia artificial: 13 de novembro. 12 h.
-
Xestión da enerxía e economía circular: 20 de novembro. 12 h.
-
Interacción home-máquina (HMI): 27 de novembro. 12 h.
-
Fabricación aditiva: 4 de decembro. 12 h.
Este ciclo forma parte das iniciativas contempladas no convenio de colaboración Oportunidades 4.0 en Galicia que desenvolven o Igape, Atiga e seis dos seus centros tecnolóxicos.
Máis información dos encontros
Máis información sobre os estudos Oportunidades Industria 4.0 en Galicia
|
|
|
|