NOVOS INSTRUMENTOS DE FINANCIAMENTO PARA PEMES E AUTÓNOMOS. PRÉSTAMOS JEREMIE DESDE 0,3% A 11 ANOS
Informar sobre os novos instrumentos de financiamento que se van poñer ao servizo das empresas galegas é o obxectivo das xornada técnicas que se desenvolverán en datas próximas, seguindo o seguinte calendario:
- Martes, 5 de maio, no salón de actos da Confederación de Empresarios da Coruña, a partir das 18:00 horas. Programa e inscricións
- Mércores, 6 de maio, 11:30 horas, no edificio da Xunta de Galicia en Ferrol. Programa e Inscricións.
- Xoves, 7 de maio, na sede da Confederación de empresarios de Lugo, a partir das 19:00 h. Programa e inscricións.
- Luns, 11 de maio, na sede da Confederacion Empresarial de Ourense, ás 19:00 horas. Programa e Inscricións
- Martes, 12 de maio, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo, a partir das 17:30h. Programa e Inscricións
- Mércores, 13 de maio, na sede do Mupega en Santiago, ás 10:30h. Programa e Inscricións.
As xornadas informativas concederán especial atención ás novas condicións do programa de préstamos Igape-Jeremie, publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 4 de maio.
Máis información: 900 81 51 51
|
|
|
|