XORNADA CAPACITA DIRECTIVOS. BIOTECNOLOXÍA E CIENCIAS DA VIDA: DO DESCOÑECEMENTO (SOCIAL) Á NECESIDADE (COLECTIVA)
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo Financeiro de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada Biotecnoloxía e Ciencias da vida: do descoñecemento (social) á necesidade (colectiva), que se desenvolverá o vindeiro 28 de outubro, a partir das 9.30 horas en formato en liña e as 9 horas en formato presencial (no hotel Oca Puerta del Camino, rúa Miguel Ferro Caaveiro, de Santiago de Compostela).
O encontro contará coa participación de empresas da industria biotecnolóxica e de representantes do clúster galego Bioga e de DATAlife, o Hub de Innovación Digital (DIH). Debateranse cuestións relacionadas co futuro do sector biotecnolóxico galego, o seu peso na nova economía e o papel que desempeñan as empresas biotech galegas.
Con esta xornada continúase o ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que está a abordar a situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos durante este mes de outubro e novembro en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
Máis información e inscricións
|
|
|
|