XORNADA CAPACITA DIRECTIVOS: O FUTURO DA MODA NA NOVA REALIDADE. 14 DE OUTUBRO
No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta -a través do Igape-, o Círculo Financeiro de Galicia e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) organizan a xornada O futuro da moda na nova realidade, que se desenvolverá o vindeiro 14 de outubro, a partir das 9.30h en formato en liña e as 9h en formato presencial (na sede do Círculo de Empresario de Galicia, na avenida García Barbón, 62, de Vigo).
O encontro contará coa participación das principais asociacións do sector en Galicia e en España de e empresas tanto desta industria como da distribución comercial. Debateranse cuestións relacionadas coas tecnoloxías e a innovación aplicada á produción, comercialización e loxística no sector téxtil; os novos modelos de negocio, e- commerce e reinvención dos puntos de venda; os novos hábitos de consumo e comportamento social; e as apostas por unha moda máis sostible.
Con esta xornada iníciase un ciclo dedicado á Empresa intelixente. Competitividade e crecemento empresarial en Galicia, que abordará a situación dalgúns dos sectores estratéxicos galegos e que se desenvolverá durante este mes de outubro e novembro en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
Máis información
Inscrición para a asistencia presencial (aforo limitado)
Inscrición para a asistencia en liña
|
|
|
|