FORMACIÓN EN LIÑA PARA EMPRENDEDORES EN MOBILIDADE AVANZADA E ESTENDIDA: PROGRAMA MoBAE
MoBAE, proxecto de colaboración transfronteiriza entre España e Portugal no que participa como socia a Xunta, a través do Igape, organiza os días 3, 4 e 5 de novembro unhas xornadas de formación en liña co obxectivo de dar a coñecer os últimos avances en mobilidade avanzada e as perspectivas futuras deste mercado na Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal.
As xornadas contarán coa participación de representantes dalgunhas das principais empresas de automoción da zona, responsables de centros tecnolóxicos que traballan no ámbito da mobilidade e iniciativas de emprendemento existentes nesta eurorrexión.
O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o 30 de outubro.
Máis información e programa
Inscricións
|
|
|
|