CICLO DE ENCONTROS INFORMATIVOS SOBRE O PROGRAMA REACCIONA: ABERTA A SEGUNDA CONVOCATORIA
Para dar a coñecer a oferta de diagnósticos e servizos que ofrecen as novas convocatorias do programa ReAcciona, a Xunta pon en marcha un ciclo de encontros informativos en liña. As empresas que desexen coñecer como mellorar a súa competitividade no actual contexto económico poden participar nos webinarios programados para este mes de setembro.
En cada encontro darase información sobre os 15 servizos que achega esta liña de axudas e que se engloban en catro ámbitos de actividade nos que as pemes poden introducir melloras.
As convocatorias do Reacciona para 2020 achegan orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como nos proxectos de dixitalización e innovación precisos para manter e impulsar a actividade produtiva. A segunda convocatoria estará aberta ata o 17 de setembro.
Esta liña de axudas conta con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e está integrada no programa Igape Responde, iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade na actual situación económica.
Máis información sobre as convocatorias e os encontros do ReAcciona
900 815 151 e informa@igape.es
|
|
|
|