III PREMIO CÁMARA DE COMERCIO-ENCE Á INNOVACIÓN FORESTAL
Identificar, difundir e promover a innovación no sector forestal recoñecendo os proxectos innovadores de alto impacto é o obxectivo fundamental do Premio ao Proxecto Innovador Forestal 2020, promovido pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, en colaboración coa Xunta, a Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, a Escola de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán e a compañía Ence, a través do seu Plan social 2019-2020.
Este recoñecemento acada a súa terceira edición, na que se convocan dous premios cun accésit cada un:
- Un galardón á mellor iniciativa empresarial innovadora no sector, dotado con 5.000 euros e cun accésit de 2.000 €.
- Un premio de investigación para o mellor traballo de posgrao no mesmo eido, dotado de 3.000 € e cun accésit de 1.000 €.
O prazo para a presentación dos proxectos estará aberto ata o 23 de outubro.
Máis información
Consultar bases
|
|
|
|