NOVAS LIÑAS CHEQUES DE DIXITALIZACIÓN E GALICIA EXPORTA DIXITAL: ABERTOS OS PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego. A partir de mañá as pemes poderán solicitar as axudas dos programas Cheques de dixitalización e Galicia Exporta Dixital.
Estas dúas liñas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade. Así, mentres o Galicia Exporta Dixital promove a súa expansión internacional a través de novas canles de comercialización a partir de ferramentas dixitais innovadoras, os cheques de dixitalización teñen en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do teletraballo.
Máis información: Programa Cheques de dixitalización Programa Galicia Exporta Dixital
informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47
|
|
|
|