ENCONTROS INFORMATIVOS SOBRE O PROGRAMA REACCIONA: ABERTA A NOVA CONVOCATORIA
Para dar a coñecer a oferta de diagnósticos e servizos que ofrece a nova convocatoria do programa ReAcciona, xa activada, a Xunta pon en marcha un ciclo de encontros informativos en liña. O próximo mércores 10, ás 12.30 h, as empresas que desexen coñecer como mellorar a súa competitividade no actual contexto económico poden participar no primeiro dos catro webinarios programados, que se desenvolverán durante este mes de xuño.
En cada un dos encontros darase información sobre os 15 servizos que esta liña de axudas achega e que se engloban en catro ámbitos de actividade nos que as pemes poden abordar introducir as melloras.
Contando con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e integrada no programa Igape Responde -iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade na actual situación económica-, as novas convocatorias do ReAcciona achegarán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva. A primeira convocatoria estará aberta ata o 2 de xullo.
Programa e inscricións Máis información sobre a nova convocatoria
900 815 151 informa@igape.es
|
|
|
|