CICLO WEBINARS PAÍS. SEGUNDO ENCONTRO: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN MÉXICO
A Xunta ten en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, Perú, Marrocos, Estados Unidos, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informan ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecen claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.
O segundo dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o próximo martes 9 de xuño, a partir das 18h e estará centrado nas vendas galegas en México. Representantes das compañías galegas Optare Solutions e Grupo Ramón García expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada pola covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco-Cecopesca), que avanzarán nos elementos principais que poden definir o comercio co país americano no actual escenario.
Programa
Inscricións
Máis información: formacion.internacionalizacion@igape.es
|