CONSULTA ÁS PEMES GALEGAS: DISPOÑIBILIDADE PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS PARA COMBATER O COVID-19
A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), unha consulta ao tecido produtivo galego destinada a coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas para acometer a fabricación de produtos que sirvan para combater o Covid-19.
Os resultados da sondaxe permitirán finalizar o deseño dunha nova liña de axudas que o Goberno galego activará proximamente para impulsar a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos e equipamentos hospitalarios e médicos, entre outros bens destinados ao uso de persoal sanitario, de traballadores e da poboación en xeral.
A partir de mañá e ata o vindeiro mércores 29, as pemes galegas poderán comunicar ao Igape, de xeito telemático, as propostas de proxectos de investimentos que poderían acometer para a fabricación deste tipo de produtos e as súas características, así como as suxestións que consideran oportunas para incorporar na liña de apoios que se vai activar proximamente.
Máis información: bases da consulta
informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 - 981 54 11 47
|
|
|
|