SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 DE DECEMBRO: XORNADA TÉCNICA SOBRE O PROGRAMA ACTIVA 4.0
Achegar aos autónomos, emprendedores e pequenas empresas os instrumentos de apoio do programa Activa 4.0, posto en marcha pola Xunta e a Secretaria Xeral de Industria e da Peme (Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), é o obxectivo da xornada técnica que se vai desenvolver o próximo mércores 11 de decembro, a partir das 9.30 h, en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia (rúa San Lázaro, 105).
O encontro incluirá relatorios de representantes do Igape sobre esta liña de axudas que impulsa a Industria 4.0, así como demostracións das tecnoloxías aplicables neste eido e presentacións de caso de éxito en transformación dixital de empresas que desenvolven procesos de este tipo.
Programa da xornada
Máis información sobre o programa Activa 4.0
|
|
|
|