OBRADOIROS DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0: TECNOLOXÍAS E SOLUCIÓNS PARA A INDUSTRIA DO SÉCULO XXI
O Clúster TIC Galicia organiza co apoio da Xunta un grupo de traballo sobre a dixitalización da Industria 4.0 enfocado na tecnoloxía para a industria moderna. O obradoiro terá lugar o próximo xoves 28 de novembro ás 9.30 h en Ourense, no Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole (avenida Edificio CEI, San Cibrao das Viñas).
Na xornada, que se desenvolve ao abeiro do programa Obradoiros de dixitalización Industria 4.0 que promove e financia o Igape, os asistentes recibirán información sobre as axudas que o Instituto pon a disposición das empresas que desexan abordar proxectos de dixitalización. A continuación, diferentes empresas presentarán produtos con aplicación na Industria 4.0, nun espazo de mostra no que responderán as cuestións que os participantes expoñan.
Programa
Inscricións: info@ilux.es (indicar nome, cargo e empresa) ou a través da App Events4you
|
|
|
|