EMPRENDEMENTO: XORNADA DE PRESENTACIÓN DO INFORME EXECUTIVO GEM GALICIA 2018
A Xunta de Galicia, a través do Igape, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e AJE Galicia (Federación Galega de Xoves Empresarios) organiza a xornada de presentación do Informe Executivo Gem Galicia 2018, que avalía a evolución do emprendemento en Galicia.
O acto terá lugar o vindeiro 26 de novembro, a partir das 10 h, en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, 107). No evento, ademais de coñecer os resultados da última análise sobre a situación actual do emprendemento en Galicia, os asistentes poderán asisitir a unha mesa redonda na que se abordarán cuestións relativas ao emprendemento creativo e cultural.
Programa
Inscricións
|
|
|
|