A Xunta de Galicia, a través do Igape, organiza a xornada técnica
Brexit e EEUU. Novo escenario das relacións comerciais internacionais, que se desenvolverá o vindeiro
25 de outubro a partir das
9.45 h en
Vigo, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (avenida García Barbón, 104).
Os asistentes poderán coñecer en dous relatorios cales son as chaves económicas e políticas que rexen o comercio internacional na actualidade, así como asistir a unha mesa de diálogo onde se debaterá como afectan ás relacións comerciais exteriores do tecido empresarial galego. Ademais, ofrecerase información sobre as ferramentas desenvoltas pola Xunta para apoiar a internacionalización das pemes galegas no actual contexto económico mundial.
ProgramaInscricións